Bomb Jack

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Bomb Jack
Desenvolvedor(es)Tecmo
Distribuidora(s)Tecmo
Lanzamento22 de marzo de 1984 e 20 de decembro de 1985
Xénerovideoxogo de plataformas
Modos de xogovideoxogo multixogador e videoxogo para un xogador
Plataforma(s)ZX Spectrum, Xbox, PlayStation 2, Amiga, Commodore 64, Atari ST, Amstrad CPC, Game Boy, MSX, SG-1000 e Máquina virtual Java
Na rede
IMDB: tt2268381 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Bomb Jack é un videoxogo realizado pola xaponesa Tehkan para recreativos en 1984 e que entre 1986 e 1992 viu versións en Amiga, Amstrad CPC, Atari ST, Commodore 64, Game Boy e ZX Spectrum. Xogo de plataformas protagonizado por un ratiño voador habelencioso e veloz que se pasea polas construcións máis famosas da Terra: Pirámides, Acrópole, rañaceos... e debe recoller nestas localizacións as innumerables bombas colocadas por alieníxenas que cada vez colocan máis. Jack non ten armas coas que defenderse polo que ten que esquivar ós seus inimigos. Cada certo tempo caen do ceo uns paquetes que de recollelos fai que os seres do espazo queden paralizados durante un tempo podendo desfacernos deles con só tocalos.