Bolsa de Valores de Zagreb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fotografía do edificio Eurotower onde se localiza a Bolsa de Valores de Zagreb, Zagreb, República de Croacia.

A Bolsa de Valores de Zagreb (en lingua croata Zagrebačka Burza, en lingua inglesa Zagreb Stock Exchange), ou coñecida polas súas siglas ZSE, é unha bolsa de valores situada na cidade de Zagreb, capital da República de Croacia.

É a única bolsa de valores de Croacia. A bolsa de valores negocia as accións de empresas croatas, así como tamén títulos e contas comerciais.

O ZSE foi creado en 1991 como sucesor de "Bolsa de Valores de Zagreb para os bens e valores". Foi co-fundada por Samuel David Alexander en 1907. En marzo de 2007 incorporou-se a Bolsa de Valores de Varaždin, formando un único mercado continuo de valores na capital croata, poñéndose líder na rexión balcánica por capitalización bolsista e volume de negocio.

A 11 de abril de 2008, a ZSE conta cun total de 376 empresas é teñen un valor de capitalización de máis de 187.69 millóns de kunas croatas no mercado de valores (249.2 millóns de euros).

A bolsa ten dúas sesións, a de pre-mercado desde 9:00 da mañá ás 10:00 da mañá, e o segundo horario, os normais, desde as 10:00 da mañá ás 16:00 da tarde todos os días da semana, agás sábados, domingos e festivos declarados pola propia bolsa de valores con antelación.[1]

A Bolsa de Valores de Zagreb tamén publica os seguintes índices:

Localización[editar | editar a fonte]

A Bolsa de Valores de Zagreb localízase nos rañaceos Eurotower na intersección das rúas Vukovarska e Lučićeva, na cidade de Zagreb.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]