Saltar ao contido

Boliña de peluxe do embigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boliña de peluxe do embigo
Imaxe
 Instancia de
borboto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Subclase de
Cotão (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A peluxe do embigo é a acumulación de febras soltas no embigo.

Características

[editar | editar a fonte]

Moita xente constata que, no fin de cada día, aparece unha pequena boliña de peluxe no embigo. O porqué disto foi obxecto de conxecturas durante moitos anos até que, en 2001, o Doutor Karl Kruszelnicki da Universidade de Sydney (Australia) realizou unha investigación sistemática para obter datos sobre a peluxe do embigo.[1][2] As súas principais conclusións foron:

  • A peluxe do embigo consiste principalmente en febras das roupas, mesturadas con pel morta e algúns pelos.
  • A peluxe desprázase de baixo para riba e non no sentido contrario como sería máis "presumible". O proceso é resultante da fricción do pelo corporal coa roupa interior, que arrastra as febras soltas para o embigo.
  • As mulleres teñen menos peluxe no embigo debido ao seu pelo corporal ser máis fino e curto. Polo mesmo motivo, os homes máis vellos, por teren pelos máis ásperos e numerosos, acumulan unha maior cantidade de peluxe.
  • A coloración azul débese á existencia de febras azuis na maior parte das pezas de vestiario.
  • A existencia de peluxe no embigo non trae perigo ningún para a saúde humana.

A dedicación do doutor Kruszelnicki á solución dese cuestionamento valeulle o premio Ig Nobel da Investigación Interdisciplinar no ano 2002.[3] Graham Barker, de Perth (Australia), figura no libro Guinness das marcas por acumular a maior cantidade de peluxe no embigo. Colecionou a súa propia peluxe case que todos os días desde 17 de xaneiro de 1984, e produciu cerca de 3,03 miligramos por día. Ao contrario do que di o estudo do doutor Kruszelnicki, a súa peluxe ten un ton máis avermellado, malia a non acostumar usar roupa vermella.[2]

  1. "Fluff gazing". BBC (en inglés). 11 de decembro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2009. Consultado o 12 de xullo de 2018.
  2. 1 2 "Noticia do Sydney Morning Herald". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 20 de maio de 2014.
  3. "Not noble, but navel fluff study wins prize - smh.com.au".