Boeing XB-38 Flying Fortress

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boeing XB-38 Flying Fortress
Tipobombardeiro estratéxico
Primeiro voo19 de maio de 1943
Retirado16 de xuño de 1943
Estadocancelado
Principais usuariosForzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos
Unidades construídas1

O Boeing XB-38 Flying Fortress foi un único exemplar dunha conversión dun B-17E Flying Fortress de produción para probar se o motor V12 Allison V-1710 podería substituír o motor radial estándar Wright R-1820 a principios da segunda guerra mundial.

Deseño e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O XB-38 foi o resultado dun proxecto de modificación realizado por Vega (unha filial de Lockheed) nun Boeing B-17 Flying Fortress para equipalo co motor V12 de refrixeración por líquido Allison V-1710-89. Foi pensado como unha versión mellorada do B-17, e como unha variante que podería usarse se os motores radiais refrixerados por aire Wright R-1820 escaseaban. Completar as modificacións levou menos dun ano, e o XB-38 realizou o seu primeiro voo o 19 de maio de 1943. Só se fabricou un prototipo, desenvolvido a partir dun B-17 existente.[1]

Aínda que o XB-38 entregaba unha velocidade máxima substancialmente maior, o seu teito de servizo era máis baixo. Tras un feixe de voos quedou en terra por un problema coas xuntas do colector do motor que tiñan fugas de gases de escape. Tras arranxar o problema as probas continuaron ata o noveno voo o 16 de xuño de 1943. Ese día o motor número tres (o interior dereito) incendiouse e a tripulación viuse obrigada a saltar do avión. O XB-38 quedou esnaquizado e o proxecto cancelouse, en parte debido a que os motores V-1710 eran necesarios para outros proxectos como os cazas Lockheed P-38 Lightning, Bell P-39 Airacobra, Curtiss P-40 Warhawk, North American P-51A Mustang, e Bell P-63 Kingcobra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vega XB-38". www.joebaugher.com. Consultado o 2022-04-04.