Curtiss P-40 Warhawk
| Curtiss P-40 Warhawk | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Subclase de
| |||||||
|
Baseado en
| |||||||
|
Uso
| |||||||
|
Composto por
P-40B Warhawk (en)
P-40K Warhawk (en) P-40M Warhawk (en) P-40F Warhawk (en) P-40C Warhawk (en) P-40E Warhawk (en) Curtiss P-40N Warhawk (en) | |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
| Produción | |||||||
|
Fabricante
| |||||||
|
Total producido
| |||||||
| Características | |||||||
|
Autonomía
| |||||||
|
Velocidade de cruceiro
| |||||||
|
Identificador militar
| |||||||
| Dimensión | |||||||
| |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| |||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||
O Curtiss P-40 Warhawk foi un caza e avión de ataque monopraza estadounidense da segunda guerra mundial. Foi basicamente un P-36 reformado para equipar un motor lineal, reducindo así o tempo de desenvolvemento. O seu prototipo voou por primeira vez en outubro de 1938. Usouse sobre todo en misións de ataque ao chan e foi tamén empregado polos británicos, neozelandeses, canadenses e australianos cos nomes Tomahawk e Kittyhawk.
A falta dun compresor de dúas etapas no P-40 converteuno nun modelo inferior aos cazas da Luftwaffe como o Messerschmitt Bf 109 e o Focke-Wulf Fw 190 a grande altitude e raramente foi usado en operacións de combate en Europa occidental. Porén, entre 1941 e 1944 xogou un papel moi importante no norte de África, no pacífico e na China. Tamén foi significante o seu traballo en Oriente Medio, o sueste asiático, o leste de Europa, Alasca e Italia.
O rendemento do P-40 a grande altitude non era tan importante neses teatros, onde servía como caza de superioridade aérea, escolta de bombardeiros e cazabombardeiro. Aínda que gañou unha reputación na posguerra como un deseño mediocre, axeitado tan só para apoio aéreo próximo, estudos máis recentes que inclúen o escrutinio dos rexistros de escuadróns aliados indican que non foi así: o P-40 desempeñouse sorprendentemente como caza de superioridade aérea, sufrindo por momentos grandes perdas, pero tamén causando un gran número de baixas entre os avións inimigos.[1] Baseado en afirmacións de vitoria en tempos de guerra, máis de 200 pilotos de caza aliados (do Reino Unido, Australia, Nova Zelandia, Canadá, Suráfrica, os Estados Unidos e a Unión Soviética) convertéronse en ases voando o P-40. Entre eles houbo polo menos 20 dobres ases, a meirande parte combatendo no Norte de África, a China, Birmania e a India, o suroeste do Pacífico e o leste de Europa. O P-40 ofrecía as vantaxes adicionais de baixo custo e durabilidade, que o mantiveron en fabricación como avión de ataque a terra moito tempo despois de que quedase obsoleto como caza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "P-40 and Zero". www.chuckhawks.com. Consultado o 2022-01-29.