Boeing F/A-18E/F Super Hornet
Boeing F/A-18E/F Super Hornet | |
---|---|
Tipo | caza multirrol embarcado |
Fabricante | McDonnell Douglas Boeing |
Primeiro voo | 29 de novembro de 1995 |
Introducido | 1999 |
Estado | en servizo |
Principais usuarios | Armada dos Estados Unidos Real Forza Aérea de Australia Forza Aérea de Kuwait |
Produción | 1995 - presente |
Unidades construídas | 608 |
Variantes | Boeing EA-18G Growler |
Os Boeing F/A-18E/F Super Hornet son cazas multirrol embarcados baseados no McDonnell Douglas F/A-18 Hornet. As variantes F/A-18E monopraza e F/A-18F bipraza sonderivados máis grandes e avanzados dos F/A-18C e D Hornet.
O Super Hornet ten un canón rotatorio interno de 20 mm M61 e pode levar mísiles aire-aire e armas aire-superficie. Pode levar combustible adicional en ata cinco tanques externos e pode ser configurado como unavi´n de repostaxe en voo engadíndolle un sistema externo de reabastecemento aire-aire.
Deseñado e producido inicialmente por McDonnell Douglas, o Super Hornet voou por vez primeira en 1995. A principios de 1997 iniciouse a súa produción a pequena escala, acadándose a fabricación a grande escala en setembro dese mesmo ano, tras a fusión de McDonnell Douglas e Boeing o mes anterior. O Super Hornet entrou en servizo coa frota da Armada dos Estados Unidos en 1999, substituíndo ao Grumman F-14 Tomcat, que foi retirado en 2006; o Super Hornet serviu xunto co Hornet orixinal. A Real Forza Aérea de Australia, que operou o F/A-18A como o seu principal caza dende 1984, pediu o F/A-18F en 2007 para substituír aus seus vellos General Dynamics F-111C. Os Super Hornets australianos entraron en servizo en decembro de 2010.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]O Super Hornet é un redeseño do McDonnell Douglas F/A-18 Hornet. A configuración das ás e da cola ten a súa orixe nun prototipo de Northrop, o P-530, que naceu como unha revisión do lixeiro Northrop F-5E (cunha á máis grande, dúas derivas e unha distintiva extensión da raíz do bordo de ataque, ou LERX).[1] Posteriormente chamado Northrop YF-17 "Cobra", competiu no programa Lightweight Fighter (LWF) da USAF para producir un caza máis pequeno e sinxelo para complementar ao máis grande McDonnell Douglas F-15 Eagle; o YF-17 perdeu a competición contra o YF-16.[2]
A Armada ordenou que o YF-17 fose redeseñado para chegar ao máis grande F/A-18 Hornet para cumprir cun requisito para un caza multirrol que complementase ao máis grande e caro Grumman F-14 Tomcat servindo nos roles de interceptor e superioridade aérea. O Hornet demostrou ser efectivo pero cun limitado radio de combate. O concepto dun Hornet agrandado propúxose por vez primeira anos anos 80, o cal foi comercializado por McDonnell Douglas como Hornet 2000. O concepto do Hornet 2000 era o dun F/A-18 avanzado cunha á máis grande e unha fuselaxe máis longa para levar máis combustible e motores máis potentes.[2][3]
O final da guerra fría levou a un período de recortes no orzamento militar e a unha considerable reestruturación. Ao mesmo tempo a aviación naval estadounidense enfrontábase a varios problemas. O McDonnell Douglas A-12 Avenger II fora cancelado en 1991 despois de que o programa pasase por problemas serios; este tería que ser o substituto do obsoleto Grumman A-6 Intruder.[4] A Armada considerou actualizar un deseño xa existente como un enfoque máis atractivo en vez dun deseño totalmente novo. Como alternativa ao A-12, McDonnell Douglas propuxo o "Super Hornet" (inicialmente "Hornet II" nos 80), unha mellora dos anteriores exitosos modelos F/A-18,[3] que podería servir como substituto alternativo para o A-6 Intruder. O deseño do Hornet de nova xeración demostrou ser máis atractivo que a actualización Quick Strike de Grumman para o F-14 Tomcat, xa que se considerou un salto tecnolóxico insuficiente en comparación aos F-14 existentes.[5]
At the time, o Grumman F-14 Tomcat era o principal caza de superioridade aérea e interceptor da Armada. O entón Secretario de Defensa Dick Cheney describiu o F-14 como tecnoloxía dos 60, e reduciu drasticamente a adquisición do F-14D en 1989 antes de cancelar totalmente a súa produción en 1991, en favor do actualizado F/A-18E/F.[6][7] A decisión de substituír o Tomcat polos Hornet foi controvertida; o as da guerra de Vietnam e congresista Duke Cunningham criticou o Super Hornet como un deseño non probado que comprometía a superioridade aérea.[5][8] En 1992 a Armada cancelou o programa Navy Advanced Tactical Fighter (NATF), que tería sido unha variante embarcada do Lockheed Martin F-22 Raptor da USAF. Como unha alternativa máis barata ao NATF, Grumman propuxo melloras substanciais ao F-14 máis aló do Quick Strike, pero o Congreso rexeitounas por ser demasiado caras e reafirmou o seu compromiso co máis barato F/A-18E/F.[9]
Probas e produción
[editar | editar a fonte]O Super Hornet foi pedido pola Armada estadounidense en 1992.[10] A Armada retivo a designación F/A-18 para axudar a vender o programa ao Congreso como un "derivado" de baixo risco, aínda que o Super Hornet é en gran medida un avión novo. O Hornet e o Super Hornet comparten moitas características, incluído aviónica, asentos de exección, radar, armamento, software de misión, e procedementos de mantemento/operación. O F/A-18E/F inicial mantiña a meirande parte dos sistemas de aviónica dos F/A-18C/D da época.[2] O deseño do Super Hornet ampliaríase cheganto a ter un peso en baleiro lixeiramente superior ao do F-15C.[11]
O primeiro voo do Super Hornet foi o 29 de novembro de 1995.[2] A produción inicial do F/A-18E/F comezou en 1995. As probas de voo comezaron en 1996 aterrando por primeira vez nun portaavións en 1997.[2] A produción a baixo ritmo iniciouse en marzo de 1997,[12] acadándose a produción a ritmo completo en setembro dese ano.[13] Os voos de proba continuaron durante o ano 1999, rematando con probas no mar e de repostaxe en voo. No programa realizáronse 3 100 voos cunha duración de 4 600 horas.[3] O Super Hornet realizou probas e avaliacións operativas da Armada estadounidense en 1999, e foi aprobado en febreiro de 2000.[14]
Coa retirada do F-14 en 2006, todos os reactores de combate da Armada serían variantes do Hornet ata a entrada en servizo do F-35C Lightning II. O F/A-18E monopraza e o F/A-18F bipraza tomaron o lugar do F-14 Tomcat, o A-6 Intruder, o Lockheed S-3 Viking, e o KA-6D. Unha variante de guerra electrónica, o EA-18G Growler, substitúe ao EA-6B Prowler. Durante a época da guere de Vietnam, os roles dos Super Hornet eran realizados por unha combinación de avións A-1/A-4/A-7 (ataque lixeiro), A-6 (ataque medio), F-8/F-4 (caza), RA-5C (recon.), KA-3/KA-6 (repostaxe), e EA-6 (guerra electrónica). Anticipoiuse que se aforrarían 1 000 millóns de dólares anuais ao substituír todos os modelos polo Super Hornet.[15] A Armada considera a compra do Super Hornet un éxito, cumprindo os requirimentos de custo, calendario e peso.[16]
Melloras e cambios
[editar | editar a fonte]O Super Hornet Bloque II incorpora un radar activo mellorado de matriz de exploración electrónica (AESA), pantallas máis grandes, o sistema de visualización montado no casco JHMCS, e varias outras substitucións de aviónica.[17][18] No Bloque II Super Hornet utilizáronse sistemas de aviónica e armas que estaban en desenvolvemento para a versión de produción do Boeing X-32.[19] Os avións de nova construción recibiron o radar APG-79 AESA a partir de 2005.[17] En xaneiro de 2008 anunciouse que 135 avións de produción anteriores ían ser equipados con radares AESA.[20]
En 2008, Boeing discutiu o desenvolvemento dun Super Hornet Bloque III[21] co exército estadounidense e australiano, con capacidades de sixilo adicionais e alcance estendido. A estrutura do avión refórzase para aumentar a vida útil ata 10 000 horas de voo, e algunhas aeronaves anteriores do Bloque II tamén se poden modificar para conseguilo.[22] En 2010, Boeing ofreceu aos posibles clientes do Super Hornet a "Folla de ruta internacional", que incluía tanques de combustible conformables, motores mellorados, unha cápsula de armas pechada (EWP), unha cabina de nova xeración, un novo sistema de aviso de mísiles e un sistema interno de busca e seguimento por infravermellos (IRST); o IRST sería posteriormente montado no tanque externo da liña central.[23][24] A EWP ten catro estacións internas para municións, unha única aeronave pode transportar un total de tres EWP, que alberga ata 12 AMRAAM e 2 Sidewinder. A cabina de última xeración presenta unha pantalla sensible ao tacto de 19 x 11 polgadas.[25] En 2011, Boeing recibiu un contrato da Armada dos Estados Unidos para desenvolver unha nova computadora de misión.[26]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Northrop YF-17 Cobra". www.joebaugher.com. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Jenkins, Dennis R. (2000). F/A-18 Hornet : a Navy success story. New York: McGraw Hill. ISBN 0-07-134696-1. OCLC 43083275.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Boeing: fa-18-super-hornet". www.boeing.com. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ Donald 2004, p. 45
- ↑ 5,0 5,1 "TOP GUN Day Special: The Super Tomcat That Was Never Built". Jalopnik (en inglés). Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "F-14 Tomcat - Military Aircraft". man.fas.org. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ Warplanes of the fleet. Norwalk, Conn.: AIRtime. 2004. ISBN 1-880588-81-1. OCLC 71539693.
- ↑ "FUTURE OF NAVAL AVIATION -- HON.RANDY`DUKE'CUNNINGHAM (Extension of Remarks - May 07, 1991)". man.fas.org. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ Donald 2004, pp. 13, 15
- ↑ Young, James; Anderson, Ronald; Yurkovich, Rudolph (1998-09-02). A description of the F/A-18E/F design and design process. Multidisciplinary Analysis Optimization Conferences. American Institute of Aeronautics and Astronautics. doi:10.2514/6.1998-4701.
- ↑ Kopp, Carlo (2001-05-01). "Flying the F/A-18F Super Hornet Parts 1 and 2". Australian Aviation 2001 (May).
- ↑ "Boeing: F/A-18E/F Super Hornet Approved For Low-Rate Production". web.archive.org. 2010-02-06. Archived from the original on 06 de febreiro de 2010. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "Boeing: F/A-18E/F Super Hornet Enters Production at Boeing". web.archive.org. 2010-02-06. Archived from the original on 06 de febreiro de 2010. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "Defense.gov News Transcript: DoD Special Briefing on "SUPER HORNET" Operation Evaluation Results". web.archive.org. 2011-06-08. Archived from the original on 08 de xuño de 2011. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "The F/A-18E/F Super Hornet: Tomorrow's Air Power Today". National Defense Industrial Association. 2008-05-28. Archived from the original on 28 de maio de 2008. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "The US Navy -- Fact File: F/A-18 Hornet strike fighter". web.archive.org. 2014-01-11. Archived from the original on 11 de xaneiro de 2014. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ 17,0 17,1 "Building on strength". Boeing Frontiers Online. 2007-10-12. Archived from the original on 12 de outubro de 2007. Consultado o 2024-05-09.
- ↑ "Navy Details New Super Hornet Capabilities". Aviation Week. 2012-02-23. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2012. Consultado o 2024-05-09.
- ↑ "Boeing: F-35 hasn’t yet won in Japan". DoD Buzz. 2012-01-09. Archived from the original on 09 de xaneiro de 2012. Consultado o 2024-05-09.
- ↑ "Raytheon Company: Newsroom - News Archive". web.archive.org. 2011-07-14. Archived from the original on 14 de xullo de 2011. Consultado o 2024-05-09.
- ↑ "F/A-18 Super Hornet". www.boeing.com (en inglés). Consultado o 2024-05-09.
- ↑ "Boeing plans sixth generation fighteralong with Block 3 Super Hornet". Aviation Week Network. Consultado o 2024-05-09.
- ↑ "Boeing well positioned for future strike fighter market (Video)". web.archive.org. 2012-01-26. Archived from the original on 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 2024-05-09.
- ↑ "Boeing Unveils New Hornet Options at Aero India - Defense News". wayback.archive-it.org. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2011. Consultado o 2024-05-09.
- ↑ "Testing the next-generation Super Hornet". web.archive.org. 2011-07-15. Archived from the original on 15/07/2011. Consultado o 2024-05-09.
- ↑ "Boeing Receives US Navy Contract to Develop New Mission Computer for Super Hornet and Growler". www.spacewar.com. Consultado o 2024-05-09.