Saltar ao contido

McDonnell Douglas F/A-18 Hornet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
McDonnell Douglas F/A-18 Hornet
Representación esquemática
Imaxe
 Instancia de
 Alcume
Hornet Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
Implicados
Características
 Total producido
1480 Editar o valor en Wikidata
 Autonomía
531 km Editar o valor en Wikidata
 Impulsado por
 Identificador militar
F/A-18 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura4,9 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude17,1 m Editar o valor en Wikidata
Altitude operacional15.250 m Editar o valor en Wikidata
Datas
 Entrada en servizo
7 de xaneiro de 1983 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
18 de novembro de 1978 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Sucedido por
Identificadores
Freebase/m/0cghn Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O F/A-18 Hornet é un cazabombardeiro todo-tempo. É un avión táctico multi-misión dotado de dous motores e á media. As versións A, C e E son monoprazas mentres que as B, D e F son biprazas, estas últimas serven principalmente para roles de ataque e intercepción.

O monopraza orixinal F/A-18 Hornet foi o primeiro avión de ataque e caza dos Estados Unidos. Deseñado para os roles tradicionais de ataque, interdición aérea e apoio aéreo próximo, sen comprometer as súas capacidades como caza. En modo de ataque, úsase para protexer ás tropas, dándolles apoio aéreo próximo e profundo, tamén neutralizando posicións de defensa dende grande altitude. En modo de caza, o F/A-18 é usado como escolta, como interceptor para a defensa da frota nos portaavións da Mariña estadounidense complementando ou substituíndo ao F-14 Tomcat, e como caza Dog Fight no modo de combate próximo. Os F/A-18 tamén son utilizados dende 1986 polos Blue Angels, a patrulla acrobática da Mariña dos Estados Unidos, que son coñecidos en todo o mundo polas súas espectaculares manobras acrobáticas.