Bodegón de caza, hortalizas e froitas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bodegón de caza, hortalizas e froitas
ArtistaJuan Sánchez Cotán
Data1602
TécnicaPintura ó óleo sobre lenzo
Dimensións68 cm × 89 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)

O Bodegón de caza, hortalizas e froitas de Juan Sánchez Cotán, ás veces coñecido como Bodegón do cardo, é pola súa data (1602) unha das primeiras naturezas mortas europeas. É unha pintura executada ó óleo sobre lenzo e mide 68 centímetros de alto por 89 cm de ancho.

Neste bodegón represéntanse varios paxaros cazados, unhas froitas colgando (limóns e mazás) e, á beira dereito, a enorme figura dun cardo. Outras hortalizas alíñanse nesta especie de xanela, marco xeométrico do que parecen sobresaír como un trompe-l'œil: tres cenorias e dous ravos. O bodegón era un xénero moi característico do século XVII.

Este cadro exponse no Museo do Prado de Madrid, onde chegou por compra grazas ós fondos do Legado Villaescusa (1991) e ós beneficios da exposición de Velázquez do ano anterior.

Pertenceu anteriormente ó infante don Sebastián Gabriel. En 1835 foille incautado, xunto co resto da súa colección, por terse adherido á causa carlista. Tres anos máis tarde ingresou no extinto Museo da Trindade. Aínda que este museo foi absorbido en 1872 polo Prado, o cadro non pasou a este, posto que once anos atrás (1861) a colección fóralle devolta ó infante, permanecendo en poder dos seus herdeiros até a súa compra polo Prado xa a finais do século XX.