Saltar ao contido

Blue Monday (data)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Blue Monday
 Instancia de
Datas
 Día periódico
Códigos e identificadores
Freebase/m/027w3lc Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O Blue Monday (literalmente, «luns triste» en inglés) é un nome que se lle dá ao terceiro luns de xaneiro, partindo da consideración de ser o día máis triste do ano.[1][2] O nome difundiuse por primeira vez en 2005, como parte dunha campaña publicitaria de Sky Travel, desenvolvida pola empresa de comunicación Porter Novelli, dirixida a superar a caída de reservas que sufrira en 2004.[3] Nesa campaña, Sky Travel afirmaba que chegara a concluír esa data a través dunha ecuación.[2][4]

A data difundiuse nun comunicado de prensa asinado por Cliff Arnall, que daquela era profesor no Centre for Lifelong Learning, adscrito á Universidade de Cardiff. Ben Goldacre, columnista de The Guardian, descubriu que a axencia de relacións públicas Porter Novelli entregar o comunicado de prensa en que se describía a ecuación, xa escrito, a varios académicos, aos que lles ofreceu diñeiro por vincular os seus nomes a el.[1] Posteriormente The Guardian publicou unha declaración da Universidade de Cardiff na que se distanciaban de Arnall, apuntando que fora un antigo profesor a tempo parcial, que se retirara en febreiro de 2006.[5]

  1. 1 2 Goldacre, Ben (16 de decembro de 2006). "MS = media slut, but CW = corporate whore". The Guardian (en inglés). Consultado o 11 de xuño de 2015.
  2. 1 2 Burnett, Dean (16 de xaneiro de 2012). "Blue Monday: a depressing day of pseudoscience and humiliation". The Guardian (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2015.
  3. "Llega el Blue Monday" (en español). Consultado o 30 de marzo de 2020.
  4. Jan 20, posabilitymagazine | (20 de xaneiro de 2020). "Blue Monday is bad and you shouldn't feel bad about ignoring it" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2020. Consultado o 20 de xaneiro de 2020.
  5. Goldacre, Ben (18 de novembro de 2006). "How GxPxIxC = selling out to your corporate sponsor". The Guardian (en inglés). Consultado o 11 de xuño de 2015.