Bloodywood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bloodywood
OrixeNova Deli, India
Período2016–presente
Xénero(s)Folk metal[1]
Membros
  • Karan Katiyar
  • Jayant Bhadula
  • Raoul Kerr
Na rede
https://www.bloodywood.net/
Twitter: Bloodywood2 Youtube: UChDkP71cJOHop-iRgl_8pVg Patreon: bloodywood Spotify: 4HFpzehKjow2WqU4EJ6Wy9 Musicbrainz: 4e478f4f-a1e5-4ac9-84a3-f58f5c6454ab Deezer: 11562565 Editar o valor em Wikidata

Bloodywood é unha banda de metal india de Nova Deli, formada en 2016. Empezou como un conxunto que parodiaba cancións pop en YouTube en versión metal, mais despois empezaron a escribir o seu propio material orixinal.

Historia[editar | editar a fonte]

Antes de formarse o grupo, Karan Katiyar subía regularmente versións metal de cancións populares de Bollywood en YouTube. Katiyar coñeceu a Jayant Bhadula, quen traballaba como director nunha empresa de entretemento, nunha actuación local, e chamoulle a atención o seu rango e a súa versatilidade vocais.[2]

En 2016, Katiyar deixou o seu traballo como avogado corporativo e xunto con Bhadula crearon o grupo,[2] coa intención de "destruír cancións pop".[3]

En 2017, Bloodywood regravou a canción "Heavy" de Linkin Park no estilo nu metal que tiña Linkin Park nos seus comezos, chamando a atención de varios sitios web de música como Loudwire ou Metal Hammer; este último declaraba "así é como "Heavy" de Linkin Park debería soar".[4][5] A banda fixo máis covers en 2017 e publicou o seu álbum de versións Anti-Pop Vol. 1 na súa páxina de Bandcamp.[6] Tras isto farían unha versión da canción popular punjabi "Tunak Tunak Tun" de Daler Mehndi, con colaboración de Bonde do Metaleiro.[7][8]

O 1 de maio de 2018, Bloodywood presentou "Ari Ari", unha composición baseada na canción bhangra pop do 2003 "Ari Ari" da banda Bombay Rockers. A canción contaba coa colaboración do rapeiro Raoul Kerr, convidado por Katiyar quen o coñecera despois de traballar para el nun vídeo. Kerr colaboraría logo en máis cancións de Bloodywood, até que finalmente converteuse nun membro máis do grupo. A recepción dos seguidores a esta canción mellorou con respecto ás versións anteriores, o que animou a banda a escribir material orixinal e coller máis inspiración da música folk india.[2] Máis tarde, Bloodywood participou con HopeTherapy e presentou a canción "Jee Veerey", dedicada a loitar contra a depresión e as enfermidades mentais.[9][10] O 15 de xaneiro de 2019, a banda presentou "Endurant", unha canción que trata o tema do bullying.[1]

O 21 de abril de 2019, anunciouse que Bloodywood actuaría no Wacken Open Air.[11] Dous días máis tarde, a banda estreou a canción "Machi Bhasad (Expect a Riot)", con intención de incluíla no xogo de Ubisoft en desenvolvemento Beyond Good and Evil 2, xa como Kerr como membro permanente da banda. Logo Bloodywood embarcaríase no seu "Raj Against the Machine Tour".[12]

Membros[editar | editar a fonte]

  • Karan Katiyar – guitarras, frauta, produción, composición
  • Jayant Bhadula – voces, guturais
  • Raoul Kerr – raps

Membros de xira

  • Sarthak Pahwa – dhol
  • Roshan Roy – baixo
  • Vishesh Singh – batería

Videografía[editar | editar a fonte]

  • "Ari Ari" (2018)
  • "Jee Veerey" (2018)
  • "Endurant" (2019)
  • "Machi Bhasad (Expect a Riot)" (2019)
  • "Yaad" (2020)
  • "Gaddaar" (2021)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Hear Indian Metal Viral Stars Bloodywood Take on Bullies With New Song "Endurant"". Revolver. 16 de xaneiro de 2019. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Lewry, Fraser (6 de setembro de 2018). "Meet Bloodywood, the Indian metal act with a feel-good hit and a serious message". Louder Sound. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  3. Lewry, Fraser (4 de outubro de 2018). "The heavy metal band 'destroying' Punjabi pop music". SBS. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  4. Divita, Joe (22 de febreiro de 2017). "Linkin Park Fan Plays New Song 'Heavy' in Band's Old Style". Loudwire. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  5. Morton, Luke (21 de febreiro de 2017). "This is what Linkin Park's Heavy should have sounded like". Louder Sound. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  6. "Anti-Pop Vol.1". Bandcamp. 24 de decembro de 2017. 
  7. "BLOODYWOOD Are Making Bollywood Metal A Thing, And It Sounds Great". Metal Injection. 9 de febreiro de 2018. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  8. Rosenberg, Axl (7 de febreiro de 2018). "Video: Popular Punjabi Song "Tunak Tunak Tun" Made Metal". Metal Injection. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  9. Tagat, Anurag (18 de xullo de 2018). "Watch Indian Metal Viral Stars Bloodywood's Uplifting New Video "Jee Veerey"". Revolver. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  10. Bose, Rakhi (24 de xullo de 2018). "Meet 'Bloodywood', the Heavy Metal Band That's Rapping About Mental Health". News18. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  11. "53 new bands for the Easter holidays!". Wacken Open Air. 21 de marzo de 2019. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  12. "See Indian Folk-Metal Act Bloodywood's New "Machi Bhasad (Expect a Riot)" Video". Revolver. 25 de abril de 2019. Consultado o 26 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]