Blood Mountain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Blood Mountain
Álbum de Mastodon
Publicado 11 de setembro do 2006
Gravación decembro de 2005 - abril de 2006
Estudio(s) Robert Lant Studios, Studio Litho e EK Studios, Seattle, Washington
Duración 68:09
Xénero(s) sludge metal, metal progresivo
Selo(s) Warner Bros., Reprise
Producido por Matt Bayles e Mastodon
Cronoloxía
Call of the Mastodon Blood Mountain Crack the Skye

Blood Mountain é o terceiro álbum da banda estadounidense de sludge metal Mastodon, editado o 11 de setembro do 2006 no Reino Unido e o día 12 en Norteamérica. O disco estivo totalmente dispoñible en streaming no MySpace do grupo uns poucos días antes da súa publicación.

No álbum aparecen como artistas convidados Scott Kelly de Neurosis, no tema "Crystal Skull", Josh Homme de Queens of the Stone Age, en "Colony of Birchmen", e os membros de The Mars Volta Isaiah "Ikey" Owens e Cedric Bixler-Zavala, en "Pendulous Skin" e "Siberian Divide", respectivamente.

Realizáronse videoclips para "The Wolf Is Loose", "Colony of Birchmen", "Sleeping Giant" e "Capillarian Crest". Aínda que o video de "Capillarian Crest" fíxose con metraxe ao vivo, soa versión de estudio da canción.

Blood Mountain entrou na lista Billboard 200 no número 32, tras vender 24.000 copias. Cara decembro do ano 2006 o disco vendera ao redor das 65.000 copias só nos Estados Unidos segundo a páxina da banda,[4] e segundo Nielsen Soundscan cara marzo do 2009 vendera unhas 150.000 nese país, e 176.000 en setembro de 2010.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Mastodon

N.º Título Duración
1. "The Wolf Is Loose"   3:34
2. "Crystal Skull" (con Scott Kelly) 3:27
3. "Sleeping Giant"   5:36
4. "Capillarian Crest"   4:25
5. "Circle of Cysquatch"   3:19
6. "Bladecatcher"   3:20
7. "Colony of Birchmen" (con Josh Homme) 4:19
8. "Hunters of the Sky"   3:52
9. "Hand of Stone"   3:30
10. "This Mortal Soil"   5:00
11. "Siberian Divide" (con Cedric Bixler-Zavala) 5:32
12. "Pendulous Skin" (con Isaiah "Ikey" Owens) 22:15
68:09