Crack the Skye

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Crack the Skye
Álbum de Mastodon
Publicado24 de marzo do 2009
Estudio(s)Southern Tracks Studios, Atltanta Xeorxia, Estados Unidos de América Xeorxia
Duración50:06
Xénero(s)metal progresivo, sludge metal
Selo(s)Reprise Records
Producido porBrendan O'Brien
Cronoloxía
Blood Mountain Crack the Skye Jonah Hex: Revenge Gets Ugly EP

Crack the Skye é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de sludge metal Mastodon, editado o 24 de marzo do 2009 a través do selo Reprise Records. O disco estreouse no número 11 da lista Billboard 200, vendendo 41.000 copias na súa primeira semana. En Australia, o álbum estreouse no número 19. Ata setembro do ano 2010 vendeu só nos Estados Unidos ao redor das 200.000.

Segundo unha entrevista que aparece no DVD The Making of Crack the Skye, este álbum representa o elemento do éter, que está representado polas almas e espíritos de todas as cousas, un tema moi relacionado co contexto do disco. Como os elementos do lume, auga e terra xa foran representados nos primeiros tres álbums da banda, Remission, Leviathan e Blood Mountain, respectivamente, o aire é o único elemento clásico que aínda non foi representado nun traballo de Mastodon.

Crack the Skye foi elixido mellor disco do ano 2009 pola revista Metal Hammer[1]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Mastodon agás "Crack the Skye" (letras adicionais de Scott Kelly).

  1. "Oblivion" - 5:47
  2. "Divinations" - 3:39
  3. "Quintessence" - 5:27
  4. "The Czar" - 10:54
    • I. "Usurper"
    • II. "Escape"
    • III. "Martyr"
    • IV. "Spiral"
  5. "Ghost of Karelia" - 5:25
  6. "Crack the Skye" (con Scott Kelly) - 5:54
  7. "The Last Baron" - 13:00

Notas[editar | editar a fonte]