Blindside
| Blindside | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
Blindside é unha banda sueca de rock procedente dos suburbios do sur de Estocolmo.[1] Fundouse no ano 1994 como Underfree. En 1996 cambiaron o nome a Blindside e publicaron o álbum Blindside en 1997 a través do selo independente sueco Day-Glo Records. O seu segundo traballo, A Thought Crushed My Mind, chegou no ano 2000. O grupo comezou a recibir atención en 2001 cando xirou con P.O.D., conseguindo un contrato con Elektra. En 2002 publicaron o álbum Silence e en 2003 xiraron como abreconcertos de Hoobastank. Nunha xira en 2004 roubáronlle o equipo, pero Blindside publicou About a Burning Fire ese mesmo ano. Tras perder o apoio do seu selo, en 2005 a banda editou The Great Depression independentemente, e tamén lanzou o DVD Ten Years Running Blind.[2]
Blindside editou un EP en 2007, The Black Rose, pero a meirande parte da súa actividade cesou ata 2011, cando publicou o álbum With Shivering Hearts We Wait.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Blindside | 1997 | Solid State Records, Day-Glo Records |
| A Thought Crushed My Mind | 2000 | Solid State Records |
| Silence | 2002 | Elektra Records |
| About a Burning Fire | 2004 | Elektra Records, 3 Points Records |
| The Great Depression | 2005 | DRT Entertainment |
| With Shivering Hearts We Wait | 2011 | INO Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Inc, CMJ Network (2002-07-29). CMJ New Music Report (en inglés). CMJ Network, Inc.
- ↑ "Blindside: Sweden's much loved hard rockers return after four year hiatus - Blindside". www.crossrhythms.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-09.