Blade Symphony é un videoxogo de loitas con espadas semellante ó elemento multixogador do videoxogo Jedi Knight II: Jedi Outcast. No lugar de procurar unha representación auténtica do manexo das espadas, o xogo inclúe un combate de fantasía con acrobacias e animacións particulares.[1] Os xogadores poden escoller de entre varios personaxes, estilos de loita e armas, e competir entre eles en varios modos de xogo, como deathmatch ou combate de 2 contra 2. O xogo emprega un tipo de Sistema de puntuación Elo para asignar ós xogadores a cada partida.[2]
O desenvolvemento de Blade Symphony comezou no ano 2006. O deseñador Michael Chang comezou a traballar no xogo xunto a un colega seu coa intención de desenvolver un xogo de loita con espadas trala dispersión da comunidade de xogadores do xogo Jedi Knight II: Jedi Outcast.[3]
Chang e o seu colega traballaron xuntos no xogo nunha forma inicial de mod do motorSource. En 2008 o seu colega deixou o proxecto e Chang continuou o traballo no mesmo. Os desenvolvedores da modificación para o Source Dystopia uníronse a Chang formando a compañía independente Puny Human..[3]
En xuño de 2011 Puny Human lanzou unha campaña en Kickstarter para acadar un financiamento de 15000 dólares para unha licenza comercial do Source. Esta campaña finalizou con éxito, recadando 19058 dólares.[4] Unha versión en Early Access foi publicada en abril do 2013, seguida da publicación do xogo completo en maio de 2014.[5]