Black Country, New Road é unha banda inglesa de rock formada en Cambridge en 2018. Os seus fundadores foron Tyler Hyde (voces, baixo), Lewis Evans (voces, frauta, saxofón), Georgia Ellery (violín, coros), May Kershaw (voces, teclados), Charlie Wayne (batería, coros) e Isaac Wood (guitarra, voces); en 2019 engadiron un sétimo membro, o guitarrista Luke Mark.
A banda gañou atención inicialmente grazas os seus sinxelos "Athens, France" e "Sunglasses" en 2019, que combinaban características de rock experimental,[1]post-punk[2][3] e post-rock,[4] sendo comparados con artistas como Slint e os contemporáneos Black Midi.[5] O seu álbum de estrea, For the First Time, foi publicado en 2021 e foi amplamente aclamado pola crítica, sendo nomeado ao Mercury Prize e tendo acadado o número 4 na lista británica de álbums. Catro días antes do lanzamenro en 2022 do seu segundo disco, Ants from Up There, Wood deixou o grupo citando problemas de saúde mental.[6] O álbum ecibiu máis aclamacións da crítica e éxito comercial, debutando no número 3 da lista de álbums do Reino Unido[7] e aparecendo en varias listas de mellores álbums do ano.
Tras a marcha de Wood, a banda comezou a traballa inmediatamente en material novo, con Hyde, Evans e Kershaw compartindo as tarefas vocais principais. Tras xirar durante o ano 2022, o grupo publicou o video Live at Bush Hall en febreiro de 2023 (seguido po un álbum en marzo), que contaba con varias composiciones novas escritas despois da marcha de Wood.