Black Midi
| Black Midi | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Xénero
| |||||
|
Composto por
| |||||
|
Caracterizado por
| |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons |
Black Midi (estilizado como black midi) é unha banda inglesa de rock experimental procedente de Londres. O grupo está composto por Geordie Greep (voces, guitarra), Matt Kwasniewski-Kelvin (voces, guitarra), Cameron Picton (voces, baixo) e Morgan Simpson (batería). O seu nome deriva do xénero musical xaponés Black MIDI, aínda que a súa música non ten nada que ver con el. O seu son describiuse como rock experimental,[1][2][3] math rock,[4][5] rock progresivo,[5] noise rock[6] e post-punk.[7]
A banda comezou a súa carreira no selo do produtor Dan Carey, Speedy Wunderground, a través do cal lanzaron o seu sinxelo "bmbmbm" en 2018. O seu álbum de estrea, Schlagenheim, foi editado o 21 de xuño de 2019 a través do selo Rough Trade Records e coa produción de Carey. O disco foi aclamado pola crítica,[8] entrou no top 50 da lista de álbums británica, e foi nomeado ao Mercury Prize de 2019.
O 5 de xuño de 2020 a banda publicou a antoloxía The Black Midi Anthology Vol. 1: Tales of Suspense and Revenge exclusivamente a través de Bandcamp.[9] O segundo álbum de black midi, Cavalcade, apareceu o 26 de maio de 2021 tamén a través do selo Rough Trade.[10]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Schlagenheim | 2019 | Rough Trade Records |
| Cavalcade | 2021 | Rough Trade Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "REVIEW: Black Midi at Zebulon". IMPOSE Magazine (en inglés). 2019-11-22. Consultado o 2021-11-10.
- ↑ "black midi announce new album Cavalcade, share "John L": Stream". Consequence (en inglés). 2021-03-23. Consultado o 2021-11-10.
- ↑ "black midi Announces New Album Cavalcade for May 2021 Release and Detail the Demise of a Cult Leader in New Video for "John L" -". mxdwn Music (en inglés). 2021-03-23. Consultado o 2021-11-10.
- ↑ "Black Midi Share New Track ‘Talking Heads’". Gigwise. Consultado o 2021-11-10.
- ↑ 5,0 5,1 "Listen to black midi's New Album Cavalcade, Surprise-Released Early". pastemagazine.com (en inglés). 2021-05-26. Consultado o 2021-11-10.
- ↑ "Band To Watch: Black Midi". Stereogum (en inglés). 2019-03-20. Consultado o 2021-11-10.
- ↑ "Black Midi – "Talking Heads"". SPIN (en inglés). 2019-04-30. Consultado o 2021-11-10.
- ↑ "Schlagenheim by Black Midi" (en inglés). Consultado o 2019-11-11.
- ↑ "The Black Midi Anthology Vol. 1: Tales of Suspense and Revenge, by black midi". black midi (en inglés). Consultado o 2021-11-10.
- ↑ "Cavalcade, by black midi". black midi (en inglés). Consultado o 2021-11-10.