Bisaltes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación de Bisaltia, en Macedonia

Na mitoloxía grega, Bisaltes foi un rei de Tracia, epónimo dos Bisaltes, habitantes da rexión de Bisaltia, rexión histórica da antiga Grecia, pertencente ó Reino de Macedonia.

Era fillo de Helios, o Sol, e Xea, a Terra. E tiña unha filla, Teófane.

Poseidón namorouse dela e levouna a unha illa, Crumisa, para afastala dos outros pretendentes que a solicitaban. Para que estes non a atoparan, converteuse en carneiro e transformou a Teófane en ovella. Nesta forma, copulou con ela e enxendrou un carneiro con pel de ouro. Deste carneiro sacaron a pel que se coñecería despois como o vélaro de ouro, obxectivo da expedición dos Argonautas.

"Tamén a ti, Neptuno, cambiado en torvo xovenco, púxote xunto á doncela eolia..., como carneiro enganas á bisáltide...".
(Ovidio: Metamorfosis VI, 115-117)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]