Big Band do Conservatorio de Carballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Big Band do Conservatorio da Carballo é unha big band, ou orquestra de jazz, creada en 1993 na localidade de Carballo, Galiza. Dirixida nos seus inicios por Marcial Figueroa Rodríguez, a Big Band do Conservatorio de Carballo está integrada polo alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Carballo, se ben nos seus inicios tivo que incorporar a persoas que non tiñan relación co conservatorio.[1][2] Logo da xubilación de Marcial Figueroa fíxose cargo da dirección da agrupación Miguel Suárez, impulsor da agrupación e director do conservatorio carballés durante 23 anos.[3]

A base do repertorio da agrupación é a música das décadas de 1940 e 1950, predominantemente o jazz e o swing, así como música latina ou temas da música popular galega e española.[1][2]

En 1999 a Big Band do Conservatorio de Carballo gravou o seu primeiro disco na Casa da Xuventude de Carballo con temas de Jerry Gray, Ernesto Lecuona, Cesáreo Alonso ou Rossini.[1] Ten tocado en distintos lugares da xeografía galega e protagonizado intervencións televisivas como a súa aparición no programa Luar da TVG.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Big Band do Conservatorio de Carballo, CD gravado na Casa da Cultura de Carballo en abril de 1999
  2. 2,0 2,1 2,2 García Pérez, Leticia (2007). "A BIG BAND" (PDF). Pomba Dourada (Carballo: IES Alfredo Brañas). 
  3. "Falleció Miguel Suárez, que dirigió el Conservatorio carballés durante 23 años". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de abril de 2017. Consultado o 3 de marzo de 2019.