Bieito Pérez Outeiriño
Bieito Pérez Outeiriño | |
---|---|
Nome completo | Bieito Pérez Outeiriño |
Nacemento | 5 de setembro de 1954 |
Lugar de nacemento | A Merca |
Nacionalidade | España |
Ocupación | arqueólogo |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Bieito Pérez Outeiriño, nado na Mezquita (A Merca) o 5 de setembro de 1954, é un arqueólogo, profesor e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Filosofía e Letras (especialidade en Arqueoloxía) pola Universidade de Valladolid (1989). É membro do Corpo Facultativo de Conservadores de Museos do Estado dende 1985. Foi conservador facultativo do Museo Nacional de Arte Romana de Mérida (1987-1993), xefe do servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia (1987-1993), subdirector xeral do Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais (1993-1998) e dende 1998 ata decembro do 2017[1] foi director do Museo das Peregrinacións e de Santiago. Investiga sobre a ourivería prehistórica do noroeste peninsular, a xestión do patrimonio cultural e os museos. Dirixiu diversas campañas de escavación arqueolóxica en San Cibrán de Las (Ourense) e na Alcazaba de Mérida (Badaxoz), participando en numerosas escavacións e demais actividades arqueolóxicas de campo.
Foi coordinador do equipo redactor do borrador técnico da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e do que se encargou do expediente para a declaración da Muralla de Lugo Patrimonio da Humanidade.
Obras[editar | editar a fonte]
- De ourivesaria castrexa. I. Arracades. Ourense, 1982.
- Museo Nacional de Arte Romano. Madrid, 1988 (en colaboración).
- Sellos de alfarero en terra sigillata hallados en Mérida. Mérida, 1991.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Gallego, Grupo El Correo. ""O Museo das Peregrinacións precisa máis dos santiagueses"" (en castelán). Consultado o 2017-12-12.