Biblioteca Dixital Floridablanca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biblioteca Dixital Floridablanca
Tipobiblioteca virtual
Data de fundación2002
EnMurcia
PaísEspaña
Na rede
https://bibliotecafloridablanca.um.es/bibliotecafloridablanca/
editar datos en Wikidata ]

A Biblioteca Dixital Floridablanca é un repositorio institucional que alberga fondos dixitalizados en acceso libre e gratuíto pertencentes á Colección histórica da Universidade de Murcia. Depende da área de Biblioteca da Universidade de Murcia e, dentro desta, da sección de Fondo Antigo.[1]

Orixe[editar | editar a fonte]

O proxecto de dixitalización do Fondo Histórico da Biblioteca da Universidade de Murcia iniciouse no ano 2002 grazas á colaboración de patrocinadores como o Banco de Santander, CajaMurcia e máis recentemente a Fundación Séneca. Durante estes anos levouse a cabo un proceso de selección para incluír na Biblioteca Dixital Floridablanca aqueles títulos de maior relevancia ou interese, garantindo ao mesmo tempo o seu acceso universal e conservación.

Obxectivos[editar | editar a fonte]

A Biblioteca Dixital Floridablanca ten como obxectivo permitir o acceso aberto do Fondo Histórico da Universidade de Murcia, facilitando a súa consulta, libre e gratuíta, a súa difusión e a súa preservación. A comezos de 2017, a colección tiña máis de 200.000 páxinas dixitalizadas.

Contidos[editar | editar a fonte]

O fondo abrangue desde os inicios da imprenta, destacando incunables como o “Liber chronicarum,” de Hartmann Schedel, impreso por Anton Koberger en 1493, ou "Sermones er epistolae" do papa León I (1485). Dos vinte primeiros anos do século XVI posúe sesenta títulos con exemplares moi escasos noutras bibliotecas como “Centones ueteris ac noui testameti”, impreso en Salamanca por Juan Gysser, en 1502, e diversas representacións dos talleres de Jacobo Cromberger en Sevilla, de Aldo Manuzio co seu “Omnia Platonis opera” en Venecia en 1513.

Coleccións[editar | editar a fonte]

Portada de "Historia de las yeruas, y plantas, sacada de Dioscoride Anazarbeo y otros insignes Autores, con los nombres Griegos, Latinos, y Españoles" (1557)

Biblioteca Floridablanca [496]

  • Incunables [15]
  • Século XVI [157]
  • Século XVII [162]
  • Século XVIII [71]
  • Século XIX [76]
  • Século XX [15]

Imagenes Librorum [1806]

  • Filigranas [652]
  • Gravados [936]
  • Marcas de impresor [218]

Imagenes librorum é un proxecto de investigación bibliográfica e documental no marco das políticas de difusión do Patrimonio Bibliográfico e Documental á luz das novas tecnoloxías da información. O obxectivo é ofrecer un repertorio dixital de tódolos gravados, marcas tipográficas e filigranas de papel que aparecen nos libros da Colección histórica da Universidade de Murcia (S. XV-XIX). O repertorio constitúe un sistema de recuperación das imaxes para o seu estudo e/ou reutilización de forma independente aos catálogos da biblioteca e da Biblioteca Dixital Floridablanca, nos que a recuperación é posible por obras pero non por imaxes. Aplicouse na súa creación a metodoloxía de descrición de partes compoñentes, en canto todas as imaxes forman parte dunha unidade bibliográfica maior, e as técnicas de análises de imaxe necesarias para a identificación de recursos gráficos.

Integración noutros proxectos dixitais[editar | editar a fonte]

A Biblioteca Dixital Floridablanca intégrase en catálogos e proxectos cooperativos nacionais e internacionais como Hispana[2] e Europeana.[3] Hispana reúne as coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos conformes á Iniciativa de Arquivos Abertos que promove a Unión Europea e cumpre en relación aos repositorios dixitais españois funcións análogas ás de Europeana en relación aos repositorios europeos, é dicir, constitúe un agregador de contidos das bases de datos de coleccións dixitais.

Entre estas coleccións destacan os repositorios institucionais das universidades españolas e as bibliotecas dixitais das Comunidades Autónomas que ofrecen acceso a conxuntos crecentes de todo tipo de materiais (manuscritos, libros impresos, fotografías, mapas...) do patrimonio bibliográfico español. As bibliotecas dixitais das Comunidades Autónomas, e outras de carácter local, achegan, a través de Hispana, os seus contidos ao proxecto EuropeanaLocal, no que o Ministerio de Cultura participa como coordinador nacional xunto con outras 32 institucións de 26 países.

Libros destacados[editar | editar a fonte]

  • Libro de la anothomia del hombre, de Bernardino Montaña de Monserrate (impreso en Valladolid: en casa de Sebastian Martinez, en 1551)
  • Questionis Super Metaphysicam Aristotelis, de Antonio Andrés (Venecia: M. Boneti Locatelli ... : i[m]pe[n]sis Octauiani Scoti ....; 1491)
  • Historia de las yeruas, y plantas, sacada de Dioscoride Anazarbeo y otros insignes Autores, con los nombres Griegos, Latinos, de Leonhart Fuchs (en Anvers, polos herdeiros de Arnoldo Byrcman; 1557)
  • Omnia Platonis Opera (editado en Venecia; 1513)
  • Historia natural y moral de las Indias ..., de José de Acosta (1539-1600), impreso en Sevilla, en casa de Juan de León; 1590.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]