Biblioloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Historia de Nueva España. Edición de 1770.

No campo das ciencias sociais chámase biblioloxía[1] á ciencia xeral do libro, é dicir, ao estudo do libro, ben sexa considerado illadamente, ben en coleccións ou formando bibliotecas.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo usouse por primeira vez en 1802, en Francia, na forma bibliologie, termo formado pola unión dos elementos biblio- e -logie, tirados da voz do grego antigo βιβίον biblíon, "papel, rolo de papel ou de pergamiño", e tamén a palabra común para designar un "pequeno libro" ou "un libro como unha división dunha obra máis grande", orixinalmente un diminutivo de βύβλος býblos "papiro exipcio", e o elemento -λογια -logia, "discurso", "tratado", "doutrina", "teoría", "ciencia", tirado da raíz do verbo λεγείν legeín ou λέγω legō, "falar" (que chegou a nós a través do latín medieval -logia).[2]

Tarefas[editar | editar a fonte]

A biblioloxía é o conxunto dos coñecementos e técnicas que abarcan a historia do libro, a bibliotecnia, a bibliografía, a bibliotecnoloxía, a biblioteconomía e a bibliofilia, técnicas e coñecementos relacionadas coa orixe, evolución, produción, publicación, descrición, enumeración, conservación e restauración dos libros, e a organización destes en coleccións xerais ou especiais para uso público ou privado.[3]

O/a profesional desta área é o/a bibliólogo, -a, e o adxectivo para referirse ao relativo ou pertencente a esta disciplina é bibliolóxico, -a.[1]

O termo confúndese por moitos coa bibliografía, pero diferéncianse a unha da outra en que esta última só trata da descrición de libros e do coñecemento dos seus repertorios ou catálogos determinando, e do lugar que ocupan no movemento intelectual.[4]

Poden considerarse, pois, partes ou ramas da biblioloxía, entre outras, as seguintes:

  • Bibliografía, conxunto de libros sobre un mesmo tema.
  • Biblioteconomía, estudo dos libros no relativo á súa clasificación e ordenamento nas bibliotecas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 biblioloxía s.f. Conxunto de disciplinas que teñen o libro como centro de interese. Gran dicionario Xerais da lingua. Volume I. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2009. ISBN 978-84-9914-070-1.
  2. bibliology no Online Etymology Dictionary.
  3. Estivals & Gascón García 1992.
  4. Pedraza García 2005.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Estivals, Robert (1987): La Bibliologie. Paris: Presses universitaires de France (PUF). Col. Que sais-je. ISBN 2-1304-0191-0.
  • Estivals, Robert & Gascón García, Jesús (1992): "Història de la bibliologia". Revista de biblioteconomia i documentació, Nº 11, páxs. 25-41.
  • Pedraza Gracía, Manuel José (2005): "Bibliología (ciencia del libro) y ciencias de la documentación". Representación y organización del conocimiento, Vol.11, Núm. 1, páxs. 27-46.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]