Biarritz Olympique (hóckey a patíns)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biarritz Olympique
CidadeBiarritz, Pireneos Atlánticos, Aquitania, Francia
Historia1926
Fundado1926
PavillónGymnase Notary
AdestradorEspaña Jose Maria Barrachina
CompeticiónNational 1
Títulos
Nationale 15 (1942, 1945, 1946, 1958, 1959)
Cores          Vermello e branco

O Biarritz Olympique é a sección de hóckey a patíns do club polideportivo homónimo da cidade vascofrancesa de Biarritz (Pireneos Atlánticos, Aquitania, Francia).

Historia[editar | editar a fonte]

A sección de hóckey a patíns do Biarritz Olympique naceu en 1926 como Biarritz Hockey Club, conseguindo o campionato de Francia en 1933. En 1939 o club pasou a converterse nunha sección do club polideportivo Biarritz Olympique.

Entre 1942 e 1959 o equipo viviu a súa época dourada, conseguindo 5 títulos de liga. Porén a sección atravesou posteriormente un período de inactividade que se prolongou durante seis tempadas.

En 1992 o equipo trasladouse ao Gymnase Notary, onde actualmente disputa os seus partidos como local.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]