Saltar ao contido

Bernardo Mozo de Rosales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBernardo Mozo de Rosales
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1762 Editar o valor en Wikidata
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xullo de 1832 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Agen, Francia Editar o valor en Wikidata
Deputado
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Bernardo Mozo de Rosales, nado en Sevilla o 20 de agosto de 1762[1][2] e finado en Agen, o 4 de xullo de 1832, foi un político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En Sevilla, se graduou co bacharelato en Filosofía e despois estudou Leis na Universidade da mesma cidade, onde conseguiu o grao en 1781[3]. Dende 1794, aparece en Madrid onde exerceu de avogado e bautizou a varios fillos.

Foi un deputado reaccionario nas Cortes de Cádiz, por Sevilla. Entre 1814 e 1819 foi fiscal do Consello de Facenda.[4] Foi o primeiro en asinar e quen entregou a Fernando VII en Valencia, ao regreso deste de Francia, o chamado Manifesto dos persas. Por iso, o Rei concedeulle o título de marqués de Mataflorida, o 17 de decembro de 1817[4], aínda que segundo outras fontes, mercou o título aos pais dominicianos de Atocha por vinte mil duros.[5]

O 1 de novembro de 1819 foi nomeado secretario de Despacho de Gracia y Justicia (no goberno de Joaquín José Melgarejo y Saurín) cargo que ocuparía até o 20 de marzo de 1820.[6][7] Tralo triunfo liberal, de 1820, foi destituído e se exiliou a Francia onde formou unha Xunta absolutista,[8] para loitar contra os liberais. Chegou a tomar a vila de Urgell na que creou a chamada Rexencia de Urgell, en 1822, xunto ao barón de Eroles[9] e ao arcebispo de Tarragona. Pouco antes da morte de Fernando VII, tivo que se exiliar de novo en Francia por formar parte dos apostólicos, xermolo dos carlistas.

Apareceu amplamente retratado, como personaxe, nos Episodios Nacionales de Pérez Galdos, sobre todo en "A Segunda Casaca" e tamén en "Os Cen mil Fillos de San Luís". Era denominado D. Buenaventura e aparece tamén mencionado polo seu título nobiliario real.

  1. "Diccionario biográfico español da Real Academia de Historia". Consultado o 14-01-2020. 
  2. No sitio oficial do Congreso aparece como data de nacemento 1761 e en Caro (2010), na páxina 255, aparece 1757.
  3. Caro (2010), p. 255
  4. 4,0 4,1 Caro (2010), p. 256
  5. Presas, José (1827). Pintura de los males, que ha causado á la España, el gobierno absoluto de los ultimos reynados, y de la necesidad del restablecimiento de las antiguas cortes: ó de una carta constitucional dada por el rey Fernando. Bordeos: Imprenta de R. Laguillotière y cía. 
  6. "Ficha no sitio oficial do Congreso dos Deputados". Consultado o 21-06-2017. 
  7. Gobernos de Fernando VII Arquivado 09 de febreiro de 2019 en Wayback Machine., no sitio oficial de Humanidades do CSIC.
  8. "Bernardo Mozo de Rosales" en Biografías y vidas. A enciclopedia biográfica en línea,
  9. «Bernardo Mozo de Rosales» en L'Enciclopèdia.cat (Grup Enciclopèdia Catalana)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Caro Cancela, Diego (2010). Diccionario biográfico de parlamentarios de Andalucía (1810-1869). Vol. II (H-Z). Sevilla: Centro de Estudios Andaluces-Junta de Andalucía. ISBN 978-84-938354-7-7.