Berhaneyesus Demerew Souraphiel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Berhaneyesus Demerew Souraphiel
Berhaneyesus Demerew Souraphiel with Luigi Mazzucato.jpg
Metropolita da Igrexa Católica Etíope
Biografía
Nacemento14 de xullo de 1948 en Tchela Claka, Etiopía
Ordes
Ordenación sacerdotal4 de xullo de 1976
Consagración episcopal25 de xaneiro de 1998, por Paulos Tzadua
Creado cardeal14 de febreiro de 2015, por Francisco
Arcebispo metropolita de Adís Abeba
1999 - actualidade
PredecesorPaulos Tzadua
Outros
Coat of arms of Berhaneyesus Demerew Souraphiel.svg
Escudo de Berhaneyesus Demerew Souraphiel
Ficha en catholic-hierarchy.org

Berhaneyesus Demerew Souraphiel, nado o 14 de xullo de 1948 en Tchela Claka (Etiopía) é un eclesiástico católico etíope, metropolita de Adís Abeba dende 1999.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Berhaneyesus Demerew Souraphiel naceu o 14 de xullo de 1948 en Tchela Claka, preto de Hārer, en Etiopía. Estudou no seminario maior de Makanissa e ingresou na Congregación da Misión. Foi ordenado sacerdote o 4 de xullo de 1976, e posteriormente estudou Socioloxía na Pontificia Universidade Gregoriana.

En 1990 foi nomeado superior provincial dos lazaristas en Adís Abeba. En 1994 foi nomeado prefecto de Jimma-Bonga. O 7 de novembro de 1997 foi nomeado bispo auxiliar de Adís Abeba e bispo titular de Bita. Recibiu a ordenación episcopal o 25 de xaneiro de 1998 de mans do cardeal Paulos Tzadua.

O 7 de xullo de 1999 foi nomeado arcebispo metropolita de Adís Abeba.

O 7 de marzo de 2009 Bieito XVI nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[1]

O 19 de febreiro de 2014 o papa Francisco confirmouno como membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[2]

O 14 de febreiro de 2015 o papa Francisco creouno cardeal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nomina di Membri della Congregazione per le Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0149). 7 de marzo de 2009. Il Papa ha nominato Membri della Congregazione per le Chiese Orientali [...] Berhaneyesus Demerew Souraphiel, C.M., Arcivescovo Metropolita di Addis Abeba [...] 
  2. "Conferme e nomine nella Congregazione per le Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0120). 19 de febreiro de 2014. Il Santo Padre Francesco [...] ha confermato Membri [...] Berhaneyesus Demerew Souraphiel. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]