Benshi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Musei Tokugawa, benshi famoso.
Óleo de Hasegawa Toshiyuki pintado en 1932, representado dous benshi.

O benshi (弁士) no período mudo do cine no Xapón, era un narrador que sentaba xunto á pantalla do cine, interpretaba a película en directo e daba voz aos personaxes mentres se reproducían na película (tanto películas xaponesas como películas occidentais). A figura do benshi era moi popular no Xapón naquela época. O público adoitaba ir ao cine só para escoitar o comentario intelixente ou popular dun benshi. Tras a transición ao cinema sonoro, perdeu a súa importancia e extinguiuse.[1]

Os benshi ás veces chámanse katsudō-benshi (活動弁士), katsu-ben-shi ou katsuben (活弁).[2]

En Galiza[editar | editar a fonte]

O libro "O Benshi de Galicia" do guionista e investigador Manolo González relata a historia de Antonio Rey Soto, un polifacético crego galego nado en Ourense en 1879. Rey Soto, ademais de ser poeta e bibliófilo, destacou como un pioneiro director de cine. En 1922 realizou o filme Un viaje a través de Galicia y Asturias; durante as súas proxeccións en América en 1923, Rey Soto narraba o contido do filme ao público, maioritariamente emigrantes galegos, actuando como un benshi ao estilo do cinema mudo xaponés.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Osnes, Beth (2001-12-07). Acting: An International Encyclopedia of Traditional Culture (en inglés). Bloomsbury Academic. ISBN 978-0-87436-795-9. 
  2. Todas estas formas son abreviacións de katsudō-shashin-benshi (活動写真弁士), onde katsudō-shashin (活動写真) significa "imaxes en movemento", é dicir, un termo antigo para películas, e benshi (弁士) é un orador ou falante público; ver "katsuben" 活弁. Kōjien (広辞苑) (en xaponés) (5ª ed.). Iwanami shoten (岩波書店). 2000;  "benshi" 弁士. Shin-waei-daijiten (新和英大辞典, New Japanese-English Dictionary) (en xaponés) (5th ed.). Kenkyūsha (研究社). 2004. 
  3. "O Benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto". Alvarellos Editora. Consultado o 2023-12-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Los benshi – (eltestamentodeldoctorcaligari.com, en castelán)