Benjamin Chee Chee
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Kenneth Thomas Chee Chee 26 de marzo de 1944 Temagami, Canadá |
| Morte | 14 de marzo de 1977 Ottawa, Canadá |
| Causa da morte | suicidio |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Notre-Dame de Ottawa Ottawa |
| Residencia | Montreal Ottawa |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Pintura e arte do debuxo |
| Ocupación | pintor, litógrafo, debuxante, serigrafista |
| Movemento | Woodland Style |
Kenneth Thomas Chee Chee, nado en Temagami, Ontario,[1] o 26 de marzo de 1944 e finado o 14 de marzo de 1977,[2] coñecido como Benjamin Chee Chee, foi un artista ojibwa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O pai de Chee Chee morreu cando el era novo, e Chee Chee foi enviado a unha escola residencial cando era un neno, sendo separado da súa nai. Despois pasou moitos anos buscándoa. Mudouse a Montreal en 1965 onde desenvolveu o seu amor pola pintura, e mudouse de novo a Ottawa en 1973.[3]

Carreira profesional
[editar | editar a fonte]A primeira exhibición da arte de Chee Chee celebrouse en 1973 na Universidade de Ottawa.[1] Pouco despois gañou fama ao desenvolver o seu estilo único de liñas claras e graciosas e unha cor mínima, representando aves e animais. Aínda que a súa arte presentaba unha gran cantidade de iconografía usada a miúdo polos artistas das primeiras nacións canadenses, Chee Chee negou que a súa arte tivese un significado simbólico. En troques, referiuse aos animais que aparecen na súa arte como "criaturas do presente".[3] Tamén se referiu especificamente a si mesmo como un artista ojibwa, no canto de clasificar na etiqueta de artista "indio".
Morte
[editar | editar a fonte]Despois de atopar á súa nai e acadar o éxito como artista, Chee Chee morreu suicidándose nun cárcere de Ottawa en 1977.[4] Foi soterrado no ccemiterio de Notre Dame en Ottawa, Ontario.[2] O traballo de Chee Chee foi exposto postumamente en todo o Canadá.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Native artist Benjamin Cheechee". www.native-art-in-canada.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2019. Consultado o 2019-01-01.
- ↑ 2,0 2,1 "Find-a-grave site". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Phillips, Ruth B. "Benjamin Chee Chee". www.thecanadianencyclopedia.ca. Consultado o 10 de outubro de 2020.
- ↑ Evans, Al (2004). Chee Chee: A Study of Aboriginal Suicide. McGill-Queen's Press - MQUP. ISBN 978-0-7735-7178-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Evans, Alvin L. (2004). Chee Chee: A Study of Aboriginal Suicide. McGill-Queens University Press. ISBN 978-0773526877.
- Lerner, Loren R.; Williamson, Mary F. (1991). Art and Architecture in Canada. U Toronto Press. ISBN 978-0802058560.
- Matuz, Roger (1998). St. James Guide to Native North American Artists. The University of Michigan. ISBN 978-1558622210.
- "Native artist Benjamin Chee Chee". www.native-art-in-canada.com. 2006.
