Benjamín Núñez Sanmartín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBenjamín Núñez Sanmartín

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoGalicia Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Benjamín Núñez Sanmartín foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro de Izquierda Republicana, logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Curtis.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou a resistencia comezando coa recollida de armas, e desprazouse cun grupo de veciños a Betanzos e Coruña o día 20 de xullo. Despois fuxiu. Militante do PCE. Foi procesado en Santiago de Compostela por rebelión e declarado en rebeldía. Exiliouse no Brasil. Xulgado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas, foi condenado en 1940 a quince anos de inhabilitación absoluta, quince anos de desterro a máis de douscentos quilómetros de Arzúa e o pago de vinte e cinco mil pesetas.[2]


Predecesor:
Ramón Espiñeira Rodríguez
 
Alcalde de Curtis
 
1936
Sucesor:
?

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 17-4-1936, p. 8.
  2. BOE, 2-3-1940, p. 1107.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]