Mauro Varela Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mauro Varela Fernández
Lugar de nacementoLugo
Falecemento14 de xullo de 1986
Lugar de falecementoLugo
NacionalidadeEspaña
PaiBenigno Varela Pérez
FillosMauro Varela
editar datos en Wikidata ]

Mauro Varela Fernández, nado en Lugo e finado na mesma cidade o 14 de xullo de 1986[1], foi un avogado galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Benigno Varela Pérez. Avogado. Na Segunda República foi xuíz municipal de Lugo en xuño de 1931[2]. Estivo afiliado ao PSOE, e foi membro da loxa Lucus nº 5. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, en 1937 sufriu detención no seu domicilio ata febreiro de 1938, acusado de masón. Foi procesado no sumario 965/44 polo Tribunal para la Represión de la Masonería y el Comunismo, foi condenando a 12 anos e un día de reclusión menor, e en 1948 o Consello de Ministros conmutoulle a pena pola sanción de inhabilitación para cargos políticos e sindicais.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Eva Pérez Fernández e foi pai de Mauro Varela Pérez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 14-7-1986, p. 24.
  2. El Pueblo Gallego, 9-6-1931, p. 10.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]