Saltar ao contido

Belén Bermejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBelén Bermejo
Biografía
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Innsbruck Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxestora cultural, doutora, profesora universitaria, investigadora posdoutoral Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1171426 Dialnet: 189352

María Belén Bermejo López, é unha xestora cultural, doutora en dereito, docente, investigadora, cantante e instrumentista experta en música antiga galega.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e licenciouse logo dun ano de estadía na Universidade de Innsbruck (Austria). Entre os anos 1996 e 2003 impartiu clases de dereito administrativo e xestión de persoal das administracións públicas na Escola Universitaria de Relacións Laborais da Universidade da Coruña. Na universidade coruñesa colaborou en actividades docentes, académicas e culturais e tamén foi secretaria do centro e coordinadora do programa ERASMUS.[2]

É doutora en Dereito pola USC, especializada no eido da cultura e a protección do patrimonio histórico. Presentou a súa tese de doutoramento, El Camino de Santiago como bien de interés cultural no ano 2000 na que expuxo, entre outros temas, a problemática da coordinación e cooperación entre os diferentes territorios onde se atopa o Camiño de Santiago e o gran número de entes territoriais, para exercer unha uniformidade na súa protección como ben cultural.[3]Este análise sobre o estatuto dun itinerario cultural foi publicado pola Xunta de Galicia.[4]

Ao longo da súa carreira compaxinou a docencia coa investigación. Desde o ano 2003 colabora como profesora contratada da Universidade de Innsbruck impartindo a materia de Introdución ao dereito español e ao español xurídico. Así mesmo é docente no curso de Posgrao da USC de Xestión e Innovación Cultural.[5]Tamén colabora impartindo clases maxistrales sobre Programación e mediación cultural.[6]

Como investigadora desenvolve tarefas no departamento de Dereito Administrativo da USC, no eido da protección do patrimonio histórico e da protección dos bens culturais, ademais de participar en diferentes proxectos de investigación, sendo colaboradora externa do Grupo de Investigación GI-1584 da USC, do Departamento de Química Inorgánica, dentro da liña de investigación “Patrimonio Histórico-Científico Galego”.[2]

Participou na organización de congresos internacionais, levou a cabo estadías nas universidades de Cambridge, Palermo e Innsbruck, así como colaborou en diversas publicacións en libros e revistas especializadas.[7]

Cooperou coa asociación fábula Europe Forschungsverein, no desenvolvemento dun proxecto financiado polo Ministerio de Educación e Ciencia austríaco no que participaban ademais institucións como a Universidade de St. Andrews (Reino Unido), Museo de Arte de Nukus (Uzbekistan), The State  Museum of Oriental Art (Rusia).[2]

Xestión e produción de proxectos culturais

[editar | editar a fonte]

Belén Bermejo está á fronte da empresa de produción cultural Sirgo Torcendo, S.L. (2007) que tomou o seu nome da cantiga de tear do poeta portugués do século XIII Estebam Coelho, "Sedia la fremosa seu sirgo torcendo".[8]A súa finalidade é o desenvolvemento de proxectos culturais musicais, expositivos e audiovisuais, a representación de formacións musicais no ámbito da música antiga e a dirección e produción de festivais de música.[2]

En 2008 comezou participar como coordinadora do programa cultural Espazos Sonoros que ten como obxectivo achegar a catedrais, igrexas, mosteiros e museos de toda Galicia as músicas diversas.[9]Estes festivais buscan a coherencia entre a música e o lugar onde se desenvolven os concertos, con actividades como visitas guiadas e rutas que axudan a interpretar a historia ou a riqueza patrimonial, etnográfica e natural dos enclaves.[10][11]

Desde 2009 desenvolve tarefas como coordinadora e experta no proxecto de catalogación dos órganos de Galicia, auspiciado pola Xunta de Galicia.[2]

En 2014 e 2105 encárgaselle a coordinación da produción do festival In Spiritum, música e contemplaçao na cidade do Porto.[12]Despois diso foi a directora artística do festival De lugares e órganos,[13]un certame anual impulsado polo Concello de Santiago, na igrexa da Universidade de Santiago de Compostela[14]no que participan as diferentes disciplinas artística, xa que ademais da actividade principal que son os concertos, engade actuaciòns de danza, proxección de cine, exposicións de fotografías e rutas comentadas.[15]

Colaborou con diversas institucións como a USC e o MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) na produción de exposicións como 150 anos da Lei Moyano;[16]Dos Ábacos aos Computadores;[17]Rodríguez Cadarso, un reitor para un país; Antonio Casares: investigador e reitor da modernidade

Ten colaborado con numerosas institucións públicas e privadas (concellos, fundacións, deputacións, gobernos autonómicos, festivais internacionais de música, museos, etc.) na organización de concertos e proxectos musicais.

Cantante e instrumentista

[editar | editar a fonte]

Colabora como cantante e instrumentista con diversas formacións de música antiga como o grupo Martin Codax,[18] o Grupo de Música Antiga 1500[19] [20][21]ou o proxecto Pres de Cambrai,[22] que ela mesma dirixe, e no que conflúen diferentes disciplinas artísticas, sensibilidades e estéticas nun afán por achegarse, desde diferentes perspectivas, ás músicas compostas noutras épocas históricas.[23]

  1. "Belén Bermejo". xestoresculturais.gal. Consultado o 2024-07-29. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "María Belén Bermejo López - University of Innsbruck - Academia.edu". uibk.academia.edu. Consultado o 2024-08-08. 
  3. Bermejo López, María Belén (2000). "El Camino de Santiago como bien de interés cultural" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. 
  4. Bermejo López, Ma Belén (2001). El Camino de Santiago como bien de interés cultural: análisis en torno al estatuto jurídico de un itinerario cultural. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia : Xacobeo Galicia. ISBN 978-84-453-3164-4. 
  5. "Xestión e Innovación Cultural - Coñece o Posgrao da USC". USC Xestión Cultural. Consultado o 2024-07-31. 
  6. loli (2017-02-24). "Música e Artes Escénicas. Paulo Rodríguez e Belén Bermejo". USC Xestión Cultural. Consultado o 2024-08-01. 
  7. "María Belén Bermejo López - University of Innsbruck - Academia.edu". uibk.academia.edu. Consultado o 2024-09-09. 
  8. "Universo Cantigas". universocantigas.gal. Consultado o 2024-07-29. 
  9. Pontevedra, Diario de (2008-04-04). "Catedrales, iglesias y monasterios reviven con la música". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2024-07-29. 
  10. Cultura, Secretaría Xeral de. "Nova: Espazos Sonoros propone música antigua y contemporánea para el fin de semana - Cultura de Galicia". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2024-07-29. 
  11. Admin (2023-08-08). "Espazos Sonoros 2023: Un Festival Que Une Música Y Patrimonio En La Provincia De A Coruña - Coruña Online - Ocio, Cultura, Noticias Y Turismo En A Coruña" (en castelán). Consultado o 2024-07-29. 
  12. Diario, Nós (2014-04-03). "O modelo do festival Espazos Sonoros expórtase a Porto con “In Spiritum”". Nós Diario. Consultado o 2024-09-12. 
  13. Sanmartín, Xabier (2024-03-14). "El premiado organista de la Sagrada Familia actuará en Santiago dentro ‘De lugares e órganos’". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2024-07-29. 
  14. Sanmartín, Xabier (2024-03-31). "“Tocar este órgano de Santiago es como estar cantando”". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2024-07-29. 
  15. "Conciertos, danza, cine y una ruta guiada realzan el patrimonio organístico de Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-03-14. Consultado o 2024-07-29. 
  16. "Sirgo Torcendo. Cultural Management - Proyectos - Exposición 150 años de la Ley Moyano, la introducción de la experimentalidad en la enseñanza". www.sirgotorcendo.com. Consultado o 2024-09-12. 
  17. "USC TV - Dos ábacos aos computadores". tv.usc.gal. Consultado o 2024-09-12. 
  18. "Por que trobar é cousa en que iaz ... — Martín Códax, Grupo de música antigua de Compostela". www.sonusantiqva.org. Consultado o 2024-09-15. 
  19. "Grupo de Música Antiga 1500". www.grupo1500.es. Consultado o 2024-09-09. 
  20. "Evento: Grupo de Música Antiga 1500 - Cultura de Galicia". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2024-09-09. 
  21. "Hay espacio para la música medieval en el TradFest con el grupo 1500". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-07-29. Consultado o 2024-09-09. 
  22. "Sitio oficial Pres de Cambrai". presdecambrai.nos.gl. Consultado o 2024-09-09. 
  23. Redondela (2017-11-04). "Cultura difunde el pergamino Vindel con propuestas musicales y gastronómicas". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-09-09. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

http://www.sirgotorcendo.com/presentacion/gl/