Belgorod
| Белгород (ru) | |||||
| Epónimo | branco e cidade | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Rusia | ||||
| Óblasts | Óblast de Belgorod | ||||
| Distrito urbano | Belgorod Urban Okrug (en) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 321.761 (2025) | ||||
| Relixión | Igrexa ortodoxa rusa | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 153,1 km² | ||||
| Bañado por | Rio Donets (pt) | ||||
| Altitude | 130 m | ||||
| Datos históricos | |||||
| Creación | 1596 | ||||
Evento clave
| |||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Valentin Demidov (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 308000–309000 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 4722 | ||||
| Identificador OKTMO | 14701000001 | ||||
| Identificador OKATO | 14401000000 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Wakefield Sebastopol Oriol (pt) Changchun Sumy (pt) Yevpatoria (pt) Cidade de Wakefield (pt) Niš (pt) Прилуки Khárkiv Luhansk Herne Petalidi (pt) Opole (2004–) Kursk (2019–) | ||||
| Sitio web | beladm.ru | ||||
Belgorod (en ruso Белгород) é unha cidade, que é o centro administrativo do óblast de Belgorod da Federación de Rusia.
O topónimo Belgorod significa literalmente en ruso "cidade branca". O nome é unha referencia á abundancia histórica de calcaria na rexión.[1] Etimoloxicamente correspóndese con outros nomes de cidades eslavas de idéntico significado como Belgrado ou Belogradchik, entre outras.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A unha altitude media de 130 msnm, está situada na beira dereita do río Séverski Donéts, a uns 40 km ao norte da fronteira con Ucraína.
A cidade ocupa unha superficie de 153,1 km². No ano 2017 tiña unha poboación de 391 135 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 2 554,77 hab./km².
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade foi fundada por orde do tsar Teodoro I de Rusia o 11 de setembro de 1596 como unha fortaleza fronteiriza.
O asentamento foi mencionado por primeira vez en 1237, cando foi arrasado polas hordas de Batu Khan. No está claro se este Belgorod se encontraba no mesmo lugar onde está a cidade actual. En 1596, foi refundada por orde do tsar Teodoro I como unha das numerosas fortalezas creadas para defender as fronteiras do sur do Zarato ruso dos tártaros de Crimea.[2]
No século XVII sufriu en varias ocasións incursións tártaras, contra as que se construíu unha muralla de terra con doce fortes que se estendía por máis de 320 km desde o río Vorskla ao río Don, e chamouse a esta a "liña de Belgorod" (en ruso Белгоро́дская засе́чная черта́, Belgoródskaya zaséchnaya chertá).
En 1666 fundose na cidade unha sé arcebispal.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "History of Belgorod". Rusmania. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2017. Consultado o 2024-04-10.
- ↑ Энциклопедия Города России (Moscova: Большая Российская Энциклопедия ed.). 2003. p. 39. ISBN 5-7107-7399-9.
- ↑ Byelgorod, na Encyclopædia Britannica Volume 4, 1911.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Belgorod |
