Belén Prado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Belén Prado
(Belén Prado Sanjurjo) Esperanza Aguirre inaugura el nuevo centro de salud de Galapagar (cropped).jpeg
Nome completoMaría Belén Prado Sanjurjo
Nacemento27 de maio de 1968
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

María Belén Prado Sanjurjo, nada en Ourense o 27 de maio de 1968,[1] é unha avogada e política galega do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense (1991) e en Xurídico Empresarial pola Universidade San Pablo (CEU) (1992). Foi asesora do Servizo xurídico da Comisión Europea, asesora na Sede da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) en Bruxelas (1993-1994). Foi Subdirectora da Delegación da Xunta de Galicia en Bruxelas (Fundación Galicia-Europa) (1997-2001), Directora xeral de Función Pública da Xunta de Galicia (2002-2004) e Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia (2004). Despois foi Viceconselleira da Consellería de Sanidade da Comunidade de Madrid (xaneiro de 2006). É deputada polo Partido Popular na Asemblea de Madrid desde outubro de 2008.

Cesada como viceconselleira de Sanidad do goberno rexional de Madrid coa chegada ao Consellería de Javier Maldonado no 2014. Entre 2015 e 2018 foi viceconselleira de Política Social.[2]


Predecesor:
María Xosé Cimadevila
 Escudo de Galicia.svg
Conselleira de Asuntos Sociais
 
2004 - 2005
Sucesor:
Anxo Quintana

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]