Beinn Hòb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vista norte do Beinn Hòb Á dereita, o lago Hòb

O Beinn Hòb (en inglés Ben Hope) é un monte no norte de Escocia, o munro máis setentrional.

Localización[editar | editar a fonte]

O cumio do Beinn Hòb sitúase nas coordinadas 58.41355° N e 4.60874° W, o que o converte no munro máis setentrional, é dicir, o monte por riba de 3.000 pés máis ao norte. Atópase ao leste do val de An Srath Mòr e do lago Hòb, en terras que en tempos pertenceron ao condado de Sutherland e agora fano á área municipal da Terra Alta. Dista menos de 30 km da costa norte escocesa.

Características[editar | editar a fonte]

O Beinn Hòb ten unha altitude máxima de 927 m (3.041 pés), cunha preeminencia de 772 m, o que lle confire un aspecto espectacular. O cumio ten unha forma triangular, con esgrevios cantís na súa faciana oeste, mentres que as abas orientais son algo máis suaves.

A principal das rotas de ascensión comeza no fondo do val de An Srath Mòr, ata onde se chega por estrada, e accede ao cumio polo sueste, se ben é posíbel chegar a el tamén por unha rota no oeste que bordea a montaña ata chegar ao cumio polo nordeste. Debido á súa preeminencia, nun día claro pódense ver cumios a máis de 200 kms de distancia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]