Saltar ao contido

Bechos e demais parentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bechos e demais parentes
Título orixinalBirds, Beasts, and Relatives
Autor/aGerald Durrell
OrixeReino Unido
Linguainglés
Xénero(s)Novela autobiográfica
EditorialRupert Hart-Davis
Data de pub.1956
Precedido porA miña familia e outros animais (1956)
Seguido porO xardín dos deuses (1978)
editar datos en Wikidata ]

Bechos e demais parentes (Birds, Beasts, and Relatives) é unha novela autobiográfica do naturalista Gerald Durrell, escrita en 1968 e publicada en 1969. Conta as súas vivencias na illa grega de Corfú na súa infancia, entre 1935 e 1939. Describe a vida da familia Durrell na illa dun xeito humorístico, ao tempo que fala da fauna da rexión. É a segunda parte da súa triloxía de Corfú, iniciada con A miña familia e outros animais (1956) e completada con O xardín dos deuses (1978).

As historias relatadas no libro non teñen lugar en orde cronolóxica, e nalgúns casos son semi-ficticias. Por exemplo, o irmán máis vello de Gerald (o novelista Lawrence Durrell)- non vivía co resto da familia, senón por separado coa súa muller Nancy, que non é mencionada nos libros.

Entre outros personaxes mencionados, aparece a súa nai viúva, o seu irmán Leslie, a súa irmá Margo, e Roger o can. A familia é protexida por Spiro, o seu amigo da illa, e axudada polo doutor Theodore Stephanides, que axuda a Gerald coa súa formación en historia natural.

O libro presenta personaxes novos que non aparecen n' A miña familia e outros animais. Gerald fai unha viaxe a Londres coa súa nai, para visitar a Margo, que fora temporalmente alí por razóns médicas. Larry trae un novo grupo de amigos excéntricos ao fogar familiar, e a familia é convidada a unha voda nunha aldea, e Gerry presencia o nacemento do primeiro bebé da noiva. Gerry visita a un vello conde, que o agasalla con moucho tras darlle unha comida suntuosa. Despois faise amigo dun xitano que ten un oso bailarín. Finalmente, a familia visita unha ádega ao norte da illa.