Lawrence Durrell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lawrence Durrell
Nacemento27 de febreiro de 1912 e 1912
Lugar de nacementoJalandhar
Falecemento7 de novembro de 1990 e 8 de novembro de 1990
Lugar de falecementoSommières
CausaIctus
SoterradoChapelle Saint-Julien de Montredon
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino Unido
Alma máterPancyprian Gymnasium, St Olave's and St Saviour's Grammar School, St Edmund's School e St. Joseph's School, Darjeeling
Ocupaciónpoeta, dramaturgo, autobiógrafo, escritor e guionista
PaiLawrence Samuel Durrell
NaiLouisa Durrell
CónxuxeEve Cohen, Nancy Isobel Myers, Claude-Marie Vincendon, Ghislaine de Boysson e Françoise Kestsman
FillosPenelope Berengaria Walker Durrell e Sappho Jane Durrell
IrmánsGerald Durrell, Margarita Zorrera e Leslie Durrell
Coñecido porQuarteto de Alexandria
PremiosJames Tait Black Memorial Prize, Cholmondeley Award e membro da Royal Society of Literature
Na rede
https://www.lawrencedurrell.org/
IMDB: nm0244357 Musicbrainz: 2631dd2f-1f59-4efe-8193-2fe4aa3a1a0e Discogs: 2139851 WikiTree: Durrell-230 Find a Grave: 11538487 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Lawrence George Durrell, nado en Jalandhar (na India, daquela colonia británica) o 27 de febreiro de 1912 e finado en Sommières (Francia) o 7 de novembro de 1990, foi un escritor británico, irmán do tamén escritor e zoólogo Gerald Durrell.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deuse a coñecer como poeta e novelista na década dos trinta e obtivo o primeiro grande éxito de crítica con The Black Book, escrito en París en 1938. Así a todo, foi The Alexandria Quartet, tetraloxía composta por Justine (1957), Balthazar (1958), Mountolive (1958) e Clea (1960), a obra que o converteu nun clásico do noso tempo, debido en boa medida á súa exploración das posibilidades da linguaxe narrativa, e que provocou entusiastas comparacións do autor con Proust e Faulkner. Como boa parte da súa narrativa, procede da súa experiencia persoal como diplomático en Grecia, Iugoslavia, Chipre e Exipto e caracterízase pola experimentación formal en canto ao tratamento do tempo e o espazo. The Revolt of Aphrodite está composto por Tunc (1968) e Nunquam (1970). The Avignon Quintet fórmano Monsieur (1974), Livia (1978), Constance (1982), Sebastian (1983) e Quinx (1985).

É autor tamén de poesía (Poemas completos, 1931-1974) e de varias obras a medio camiño entre o ensaio e o libro de viaxes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]