Beauden Barrett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beauden Barrett
Beaudy 2021.jpg
Nacemento27 de maio de 1991
Lugar de nacementoNew Plymouth
NacionalidadeNova Zelandia
Alma máterMassey University
Ocupaciónxogador de rugby
PremiosXogador Internacional do Ano da IRB e Xogador Internacional do Ano da IRB
Na rede
Twitter: beaudenbarrett Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Beauden John Barrett, nado o 27 de maio de 1991 en New Plymouth (Nova Zelandia), é un xogador de rugby que xoga nas posicións de apertura e zagueiro na selección neozelandesa, os All Blacks, cos que foi campión do mundo en 2015.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Natural de New Plymouth, na rexión de Taranaki, Barrett creceu cos seus sete irmáns nunha granxa de Pungarehu e comezou a xogar ao rugby desde a infancia, favorecido tamén polo feito de que o seu pai Kevin fora un xogador profesional nos Hurricanes entre 1997 e 1998; xunto con el, os seus dous irmáns, Kane e Scott Barrett, foron enviados aos equipos xuvenís da provincia de rugby de Taranaki.

En 2010 Beauden fixo o seu debut na liga de Nova Zelandia co equipo da rexión de Taranaki aos 19 anos e, ao final da tempada, a franquía profesional dos Hurricanes asegurou a súa incorporación despois de que o seu pai e o adestrador de Taranaki, Colin Cooper, convencérono de preferir a opción de Wellington a unha oferta dos Blues, que é a franquía profesional de Auckland.

En 2011 formou parte da selección nacional sub-20 que gañou o campionato do mundo xuvenil celebrado en Italia e, un ano despois, durante a xira irlandesa de 2012 en Nova Zelandia, debutou nos All Blacks. Desde entón sempre foi seleccionado en varios torneos e xiras de Nova Zelandia, sendo a miúdo usado como segunda opción detrás de Dan Carter ou Aaron Cruden.

Finalista do Super Rugby 2015 cos Hurricanes, foi convocado para a posterior Copa do Mundo en Inglaterra, converténdose en campión do mundo e marcando tamén, nos últimos minutos, o ensaio que pechou definitivamente o partido final contra Australia.

En 2016 Barrett acadou o título de campión do Super Rugby cos Hurricanes, sendo o máximo anotador do torneo con 223 puntos incluídos os obtidos cun ensaio na final gañada contra os Lions.

Polas súas actuacións cos All Blacks en 2016 e 2017, Barrett foi galardoado dous anos seguidos co título de mellor xogador de rugby do mundo.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]