Beatriz de la Fuente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBeatriz Ramírez De la Fuente
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1929 Editar o valor em Wikidata
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xuño de 2005 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador da arte , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Nacional Autónoma de México Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRamón de la Fuente Muñiz
Premios

Beatriz Ramírez de la Fuente, nada na Cidade de México o 6 de febreiro de 1929 e finada ibídem o 20 de xuño de 2005, foi unha académica, investigadora e historiadora mexicana, esposa do doutor Ramón de la Fuente e nai do tamén médico e ex-reitor da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) Juan Ramón de la Fuente.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou, con mención honorífica, estudos de licenciatura, mestría e doutoramento en historia, no Colexio de Historia da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM).

En 1959, comezou a impartir cursos de posgrao de Historia da arte na Universidade Iberoamericana (UIA) na cal chegou a ser profesora titular até 1970. Deu cursos de Estudos Mesoamericanos na Facultade de Filosofía e Letras da UNAM.

Foi directora da Escola de Historia da arte da Universidade Iberoamericana de 1963 a 1970. Foi directora do Instituto de Investigacións Estéticas da UNAM de 1980 a 1986.[2]

Académica[editar | editar a fonte]

Membro de número da Academia de Artes de México, foi a primeira muller en pertencer como membro ó Colexio Nacional, ingresando o 7 de maio de 1985.[3] Membro do Buró Directivo do Comité Internacional d'Histoire de l'Art de 1979 a 1996, foi membro da Academia Mexicana da Historia de 1999 a 2005, e ocupou a cadeira 12.[4] Tamén foi investigadora emérita do Instituto de Investigacións Estéticas da UNAM.

Eidos de investigación[editar | editar a fonte]

As súas investigacións tiveron como eixo principal o estudo das manifestacións artísticas da época prehispánica sendo especialista na cultura olmeca e nos murais da época prehispánica, interese que a levou a fundar e dirixir desde 1990 o proxecto «A pintura mural prehispánica» en México, por mor do cal, publicou varios libros como coordinadora e diversos artigos.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Jornada UNAM (ed.). "Murió Beatriz de la Fuente; dio luz sobre el estudio de Mesoamérica". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2018. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  2. Academia Mexicana de la Historia (ed.). "Beatriz Ramírez de la Fuente; curriculm breve" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de febreiro de 2012. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  3. El Colegio Nacional (ed.). "Miembros Historia del arte, Beatriz Ramírez de la Fuente". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2009. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  4. Academia Mexicana de la Historia (ed.). "Miembros anteriores de la Academia". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2009. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  5. Anales de la UNAM (ed.). "In memoriam Beatriz de la Fuente (1929-2005)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 20 de setembro de 2018.