Beatriz de Nápoles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBeatriz de Nápoles

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1457 Editar o valor em Wikidata
Nápoles Editar o valor em Wikidata
Morte23 de setembro de 1508 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Nápoles Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSan Pietro Martire (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Nápoles
Reino de Hungría Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Reino de Hungría Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónraíña rexente Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPrincesa Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Trastámara Editar o valor em Wikidata
CónxuxeVladislau II da Hungria (pt) Traducir (1490 (Gregoriano)–1500 (Gregoriano))
Matías Corvino (1476 (Gregoriano), 1475 (Gregoriano)–1490 (Gregoriano)), morte do cónxuxe Editar o valor em Wikidata
PaisFernando I de Nápoles Editar o valor em Wikidata  e Isabel de Clermont (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJoanna of Naples (en) Traducir, Leonor de Nápoles, Duquesa de Ferrara (pt) Traducir, Francis of Naples, Duke of Sant Angelo (en) Traducir, Giovanni d'Aragona (1456-1485) (pt) Traducir, Federico I o Fabrique, Afonso II de Nápoles (pt) Traducir, Ferdinando d' Aragona y Guardato, 1st Duke of Montalto (en) Traducir e Alfonso d'Aragona (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
12 de decembro de 1476 (Gregoriano)coroación (Basílica de Székesfehérvár (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 157896972 Editar o valor em Wikidata

Beatriz de Nápoles ou Beatriz de Aragón e Chiaromonte (en húngaro: Aragóniai Beatrix); nada en Nápoles o 14 de novembro de 1457 e finada ibídem23 de setembro de 1508 foi raíña consorte de Hungría, sendo desposada por dous reis húngaros diferentes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 14 de novembro de 1457 en Nápoles como filla de Fernando I e de Sabela de Tarento. O 5 de setembro de 1474 foi prometida polo seu pai en matrimonio ós seus 17 anos de idade co rei húngaro. Logo de trasladarse ó Reino de Hungría foi tomada como esposa polo rei Matías Corvino de Hungría o 22 de decembro de 1476, xunto ó cal gobernou como raíña consorte até a morte do monarca en 1490. Beatriz compartiu con Matías os primeiros anos do Renacemento fóra de Italia, o cal foi exportado a Hungría pola parella real. Axiña o renacemento húngaro alcanzou ó italiano e serviu de ponte para que este chegase ós demais países europeos, como o Sacro Imperio Romano Germánico ou Francia. Desta unión matrimonial non tivo descendencia.

Trala morte de Matías, posto que o rei non tiña herdeiros (soamente o seu fillo ilexítimo oXán Corvino, ó cal quería converter no seu sucesor) Beatriz apoiou ó rei Ladislau Jagellon de Bohemia, o cal foi coroado coa condición de que desposase a Beatriz. Desta maneira celebrouse o matrimonio en 1490, converténdose novamente en raíña consorte de Hungría ata que ó pouco tempo o matrimonio foi anulado polo papa trala petición do mesmo rei húngaro. Esta unión tampouco tivo descendencia.