Saltar ao contido

Beatrice Wellington

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBeatrice Wellington

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xuño de 1907 Editar o valor en Wikidata
Canadá Editar o valor en Wikidata
Morte1971 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Actividade
Lugar de traballo Praga Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmestra Editar o valor en Wikidata

Beatrice Wellington, nada o 15 de xuño de 1907[1] e finada en 1971, foi unha canadense cuáquera que axudou a evacuar nenos desde Praga durante os inicios da ocupación nazi de Checoslovaquia na segunda guerra mundial. Foi unha das supervisoras da coñecida como operación Kindertransport dende ese país.[2][3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai abandonou a familia cando era nova e o seu padrasto, George Wellington, insistiu en que Beatrice adoptase o seu apelido, malia a oposición desta. Cando ela solicitou o seu primeiro pasaporte para viaxar ao estranxeiro, este asegurouse de que figurase Wellington como o seu apelido, algo co que ela se sentiu molesta durante moitos anos. Antes de ela morrer, mentres era profesora en Edmonton (Alberta), mudou de novo o apelido a Gonzales.[1]

Wellington matriculouse con 17 anos na Universidade da Columbia Británica e en 1927 licenciouse en inglés e historia. Traballou como profesora no Port Gray Junior High School entre 1928 e 1931 e en Chilliwack (Columbia Británica) de 1931 a 1936.[1]

Para coñecer en persoa a natureza dos conflitos en Europa a mediados da década de 1930, Wellington tomou un ano sabático do ensino e marchou a Xenebra, Suíza. Porén, descoñécense os detalles da súa ocupación.[1] Segundo un informe de 1938 nun xornal de Vancouver, «encargáronlle a dirección dun campamento de verán da YWCA en Checoslovaquia».[1]

Durante a súa estadía en Praga no outono de 1938, Beatrice, canadense con pasaporte británico, puido traballar de xeito independente e adquirir documentación a oficiais da Gestapo. Empregouna para axudar a nenos a marcharen de Praga a Reino Unido mediante a organización dos chamados Kindertransports. Cunha táctica similar, conseguiu documentos para adultos e familias incapaces de conseguir visados de saída por si mesmos.[1]

Tras a súa morte en 1971, a súa familia creou a Bolsa Conmemorativa Beatrice Wellington Gonzales da Universidade da Columbia Británica e mencionou «o arduo e exitoso esforzo [de Wellington] para protexer e salvar as vidas de refuxiados políticos en Europa antes da segunda guerra mundial e durante a mesma. Para este recoñecemento, terase especial consideración cos estudantes de traballo social que, igual que a señora Gonzales, se preocupen pola situación de persoas en apuros».[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Chadwick, William (2010). The Rescue of the Prague Refugees 1938-39 (en inglés). Troubador Publishing Ltd. ISBN 9781848765047. 
  2. "Prague Peace Trail" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2023. 
  3. Brinson, Charmian; Dove, Richard (31 de marzo de 2014). A matter of intelligence: MI5 and the surveillance of anti-Nazi refugees, 1933-50 (en inglés). Manchester University Press. p. 150. ISBN 9780719090790. 
  4. Subak, Susan Elisabeth (2010). Rescue and Flight: American Relief Workers Who Defied the Nazis (en inglés). U of Nebraska Press. ISBN 9780803230170.