Beacon Explorer C

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beacon Explorer C / BE-C / Explorer 27
Representación artística de Explorer 27/BE-C
TipoObservación terrestre
OrganizaciónNASA[1][2]
Data de lanzamento29 de abril de 1965[3][4][5]
Foguete portadorScout[1][4]
Sitio de lanzamentoWallops Island[1][4][5]
Obxectivo da misiónEstudos xeodésicos e observación da ionosfera.[1][4][5]
NSSDC ID1965-032A
Masa60,8 kg[1][2][4]
Datos orbitais
Semieixo maior7493,8 km[3]
Inclinación41,2 graos[3]
Apoapse1301,8 km[3]
Periapse943,8 km[3]
Período orbital107,6 minutos[3]

Beacon Explorer C, tamén coñecido como BE-C e Explorer 27, foi un satélite artificial de Estados Unidos pertencente ó programa Explorer e lanzado o 29 de abril de 1965 mediante un foguete Scout desde Wallops Island.[1][2][3][4]

Características[editar | editar a fonte]

BE-C foi adicado á investigación da ionosfera terrestre coa finalidade de determinar a cantidade de electróns entre a nave e a Terra. Tamén serviu para facer medicións xeodésicas.[1][4]

O satélite inicialmente estabilizábase mediante xiro para pasar a estabilizarse nos tres eixos tralo desplegue dos paneis solares usando unha barra magnética que aliñaba o eixo de simetría do satélite co campo magnético local. A información da orientación do satélite proviña dun magnetómetro de tres eixos e duns sensores solares.[1][4]

A nave non levaba maneira de rexistra-los datos a bordo, polo que se obtiñan cada vez que sobrevoaba unha estación terrestre. O satélite emitía continuamente a 162 e 324 MHz para permiti-la súa localización precisa e facer estudos xeodésicos.[1][4]

O satélite foi posto fóra de servizo o 20 de xullo de 1973 debido a que interfería con outros satélites.[1][4]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Beacon Explorer B levaba a bordo unha sonda electrostática, un radiofaro que emitía a 20, 40 e 41 Hz, un reflector láser pasivo para seguimento do satélite e un experimento de navegación Doppler.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: BE A, B, C" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2011). "Beacon" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 27" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2012. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 NASA (20 de abril de 2012). "BE-C" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2012. Consultado o 29 de abril de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Letter dated 6 August 1965 from the Deputy Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (65-19394). 16 de agosto de 1965: 2. Consultado o 5 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]