Beachy Head

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Beachy Head é un promontorio de xiz na costa meridional de Inglaterra, preto da cidade de Eastbourne no condado de East Sussex, inmediatamente ao leste dos acantilados das Sete Irmás. Trátase do cantil de xiz máis alto de Gran Bretaña, alcanzando 162 m por riba do nivel do mar. O cumio permite avistar a costa oriental meridional de Dungeness e a de Selsey Bill ao oeste. A súa altura tamén fixo deste recuncho natural un sitio de suicidio célebre.