Saltar ao contido

Be Your Own Pet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Be Your Own Pet
 Instancia de
 Composto por
Datas
 Fundación / creación
2002 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
2004 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Identificadores
VIAF127068776 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121531984 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/062_qh Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
MySpace: beyourownpetmusic Musicbrainz: 4849dbcf-4192-434c-825b-077c9057c119 Songkick: 166234 Discogs: 411795 Allmusic: mn0000392856 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Be Your Own Pet (tamén coñecida como BYOP ou estilizada como be your own PET) é unha banda estadounidense de punk/garage rock formada en Nashville, Tennessee, en 2003. Durante a meirande parte da súa carreira o grupo estivo composto pola vocalista Jemina Pearl, o guitarrista Jonas Stein, o baixista Nathan Vasquez e o batería John Eatherly. Despois de lanzar os seus primeiros sinxelos e EPs co selo de Nashville Infinity Cat Records, a banda fichou por XL Recordings e polo selo de Thurston Moore, Ecstatic Peace!/Universal Records, no Reino Unido e América do Norte respectivamente.

A banda publicou o seu álbum de estrea, Be Your Own Pet, en 2006, sendo aclamado por publicacións como NME e Pitchfork. Pouco despois do lanzamento do seu seguindo álbum, Get Awkward, en 2008 o grupo separouse, citando a misoxinia dirixida e experimentada por Pearl e un esgotamento xeral polas presións da industria musical como razóns da súa separación.[1]

Tras un hiato de 14 anos, o grupo reuniuse e 2021 despois de que o músico Jack White lles pedise ser o seu abreconcertos para un feixe de concertos da súa xira Supply Chain Issues Tour que promovería os dous álbum que lanzaría ese ano.[2] Pouco despois ficharon polo selo Third Man Records, propiedade de White e do marido de Pearl, Ben Swank, a través do cal a banda lanzou o seu terceiro álbum, Mommy, en agosto de 2023.[3]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Be Your Own Pet 2006 Ecstatic Peace!/Universal Records
Get Awkward 2008 Ecstatic Peace!/Universal Motown Records
Mommy 2023 Third Man Records
  1. Snapes, Laura (2022-03-18). "‘I was susceptible to being taken advantage of’: Be Your Own Pet return after surviving sleazy indie". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-12-09. 
  2. Pearis, Bill (2022-03-15). "Be Your Own Pet reuniting to open for Jack White, first shows in 14 years". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2023-12-09. 
  3. "Be Your Own Pet announce new album". Third Man Records. Consultado o 2023-12-09.