Saltar ao contido

Batalla de Deorham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Deorham
Invasión anglosaxoa de Gran Bretaña Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    Deorham (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Resultado
Vitoria de Wessex
Datas
 Data
577 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Participantes
Líderes
Ceawlin,
Cuthwine
Conmail,
Condidan,
Farinmail
Localización
 Localización
Dyrham (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 País
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0l3x6 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A batalla de Deorham (ou Dyrham) foi un encontro militar decisivo entre os saxóns occidentais e os britanos occidentais en 577. A batalla, que se saldou cunha gran vitoria para as forzas de Wessex dirixidas por Ceawlin e o seu fillo, Cuthwine, levou á captura das cidades britanas de Glevum (Gloucester), Corinium Dobunnorum (Cirencester) e Aquae Sulis (Bath). Tamén provocou a separación cultural e étnica permanente entre Dumnonia (Devon e Cornualla) e Gales.

A Crónica anglosaxoa é a fonte única que menciona a batalla. A pesar de que dá poucos detalles, descríbea como un enfrontamento importante. A localización de Deorham é Hinton Hill preto de Dyrham en South Gloucestershire.

A entrada da Crónica anglosaxoa para 577 rexistra que aquel ano Ceawlin de Wessex e o seu fillo novo Cuthwine loitaron contra os britanos occidentais "no sitio que é chamado Deorham". Considérase xeralmente que se trata de Dyrham no actual South Gloucestershire, nas pendentes dos Cotswolds a escasa distancia ao norte de Bath. Os saxóns occidentais tiveron o seu día, e tres reis britanos, cuxos nomes se dan como Conmail,  Condidan e Farinmail, morreron. Por mor da batalla, os saxóns tomaron tres cidades importantes, Glevum, Corinium Dobunnorum e Aquae Sulis, representando Gloucestershire e Worcestershire ao leste do Severn, e unha parte pequena de Somerset[1].

Estratexia e tácticas

[editar | editar a fonte]

O val do Severn foi sempre unha das chaves militares de Gran Bretaña, e algunhas das batallas máis decisivas da conquista saxoa tiñan por obxecto o seu control. En 577 Ceawlin avanzou polo val do Támese a través das Cotswolds para capturar a área e romper o poder dos britanos no curso baixo do Severn[2][3].

Algúns historiadores (como Welbore St Clair Baddeley en 1929) concluíu que os saxóns puideron lanzar un ataque sorpresa e capturar o forte situado en Hinton Hill Camp que controlaba o Val do Avon e interrompeu as comunicacións entre as cidades britano romanas de Bath e Gloucester e Cirencester[4][5]. Unha vez os saxóns ocuparon o sitio (e comezaron a reforzaren as estruturas defensivas do lugar, que databan da Idade de Ferro) os britanos víronse obrigados a unírense e a lanzaren un ataque conxunto para os expulsar. O seu intento fracasou e os tres reis britanos pereceron (están nomeados como Commagil de Gloucester, Condidan de Cirencester e Farinmagil de Bath). As súas forzas foron empuxadas ao norte do río Severn e ao sur de Bath onde comezaron a construción do foxo coñecido como Wansdyke, nun desesperado intento por evitar perder máis terreo.

O historiador militar Alfred Burne, empregando a súa teoría de 'Probabilidade Militar Inherente' optou por unha explicación máis sinxela[6]. Desde o seu punto de vista Ceawlin avanzaba metodicamente cara ao Severn e as forzas britanas concentráronse para paralo. Burne suxire que formaron ao longo de dúas leves cristas ao longo do camiño que bordeaba o Bosque de Braden, con Hinton Hill Camp ás súas costas como almacén– unha posición similar á adoptada na batalla de Beranburh en 556. Burne sinala que se o ataque saxón rompía a primeira liña britana até a segunda crista, outra retirada deixaría os seus flancos abertos ante un ataque outeiro abaixo. A súa teoría é que os saxóns romperon as liñas britanas e conseguiron rodear ao principal corpo cos tres reis preto do forte, o que explicaría por que ningún deles foi quen de fuxir.

Resultado

[editar | editar a fonte]

A batalla supuxo un golpe demoledor militar, cultural e económico para os britano-romanos porque perderon as cidades de Corinium, capital provincial no período romano (Cirencester); Glevum, un antigo campamento da lexión (Gloucester); e Aquae Sulis, un famoso balneario e centro relixioso pagán (Bath). A investigación arqueolóxica descubriu que moitas das vilas na era posromana estaban aínda ocupadas, o que suxire que a zona estaba controlada por britanos sofisticados e relativamente acomodados. Aínda así, foron finalmente abandonadas ou destruídas a medida que o territorio foi conquistado por Wessex.

Algúns académicos cren que a batalla marcou tamén o comezo da separación entre os idiomas galés e córnico. Os saxóns xermanoparlantes controlaban agora o terreo entre os pobos celtas do suroeste inglés e os que se situaban en Gales e as Midlands, cuxo territorio sería conquistado polos anglos de Mercia no século VIII[7][8]. Outros sinalan que o contacto por mar era aínda posíbel sen especial complicación, e de feito unha xenealoxía galesa deixa constancia de que descendentes dos reis de Pengwern fundaron unha dinastía en Glastonbury o século VII.

  1. ↑ The Anglo-Saxon Chronicle, 577 Arquivado 05 de abril de 2006 en Wayback Machine..
  2. ↑ Morris, pp. 5–6, 255–6.
  3. ↑ Myres, pp. 162–3, 168.
  4. ↑ The Modern Antiquarian
  5. ↑ The importance given the towns more likely reflects ninth and tenth-century polities, of the time the Chronicle was given its present form, than the de-urbanised sixth century; Simon T. Loseby, "Power and towns in Late Roman Britain and early Anglo-Saxon England" in Gisela Ripoll and Josep M. Gurt, eds., Sedes regiae (ann. 400–800), (Barcelona, 2000), esp. pp 329f (on-line text)
  6. ↑ Burne, pp. 16–21.
  7. ↑ Morris, pp. 5–6.
  8. ↑ Finberg, pp. 22–3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]