Batalla de Cabezón
Parte de Guerra da Independencia española | |||||||||
|
A batalla de Cabezón foi un encontro bélico no lugar de Cabezón de Pisuerga, moi preto de Valladolid, nos inicios da guerra da Independencia española, o 12 de xuño de 1808, entre unha pequena forza española (que pomposamente foi chamada "Exército de Castela") e as tropas do xeneral Lasalle, que estaba ás ordes do Corpo do exército francés que dirixía o mariscal Bessières.
A batalla tivo lugar cando o pequeno exército, cuns 4 700 homes e 300 xinetes, provistos dun par de pezas de artillaría e dirixido polo xeneral Cuesta, reunido a presa para tentar defender Castela a Vella, foi despregado entre a ponte de Cabezón e o camiño de Burgos fronte as divisións francesas que se achegaban. No canto de encravarse na beira do río Pisuerga, Cuesta, levado polo entusiasmo dos seus homes, conducíu as súas tropas atravesando o río, contra un inimigo que practicamente o dobraba en número (9 000 homes). O resultado estaba cantado: a veterana cabalaría de Lasalle desfíxose con facilidade dos verdes recrutas de Cuesta e marchou sobre Valladolid. Os franceses tiveron 50 baixas, sendo o número de perdas españolas descoñecido.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gates, David: The Spanish Ulcer: A History of the Peninsular War. Da Capo Press 2001. ISBN 0-306-81083-2.