Praza de San Marcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 45°26′02″N 12°20′17″L / 45.434, 12.338

Praza de San Marcos
Venecia
Catedral de San Marcos.
Tipoloxíapraza
Dimensións
Lonxitude175 m
Largura83 m
Área14525
FormatoTrapecio
Localización
Inicio800
Fin1100
LocalidadeVenecia
Circulación
TránsitoPeonil

A praza de San Marcos (en italiano: Piazza San Marco, en véneto: Piasa San Marco) é a principal praza pública de Venecia, Italia, onde xeralmente se coñece simplemente como "la Piazza" (a Praza). Todos os outros espazos urbanos da cidade (fóra da Piazzetta e a Piazzale Roma) son chamados "campi" (campos). A Piazzetta (a "praciña") é unha extensión da praza cara á lagoa na súa esquina sur oriental (ver plano). Os dous espazos xuntos forman o centro social, relixioso e político de Venecia e son comunmente consideradas xuntas. Este artigo refírese ás dúas.

É coñecida principalmente pola súa beleza e integridade arquitectónica, polo que tamén é un dos principais atractivos turísticos da cidade. O seu corpo principal ten forma trapecio e 175 metros de longo.

Acostuma atribuírse a Napoleón chamar á praza de San Marcos "o salón de Europa" (a atribución a Napoleón non está comprobada).[1]

Descrición da Piazza[editar | editar a fonte]

Plano da Piazza & Piazzetta.
Piazza San Marco

A praza[2] está dominada no seu extremo oriental pola igrexa de San Marcos o grande. Descríbese aquí un percorrido a partir da fachada occidental da igrexa (ao longo da Piazza) e continua para a dereita.

Fachada oeste da basílica de San Marcos

A igrexa descríbese no artigo Basílica de San Marcos, pero hai aspectos da mesma que forman parte da praza e polo tanto deben ser mencionados aquí, incluíndo a totalidade da fachada oeste cos seus grandes arcos e decoración de mármore, as tallas románicas ao redor da porta central e, sobre todo, os catro cabalos que presiden toda a praza e que son os potentes símbolos da soberbia e o poder de Venecia, os xenoveses en 1379 dixeron que non podería haber paz entre as dúas cidades ata que estes cabalos foran embridados,[3] catrocentos anos máis tarde, Napoleón, logo de conquistar Venecia, botounos abaixo e enviounos a París.[4]

A Piazzetta di Leoncini é un espazo aberto no lado norte da igrexa. Leva o nome dos dous leóns de mármore (inaugurada polo Dux Alvise Mocenigo en 1722). Actualmente chámase "Piazzetta Giovanni XXIII". O edificio neoclásico no lado leste contiguo á basílica é o Palazzo Patriarcale, a sede do Patriarca de Venecia.

Máis aló está a Torre do Reloxo (Torre dell'Orologio), terminada en 1499, situada encima dunha alta arcada onde nace a rúa coñecida como a Merceria (a principal arteria da cidade) e que leva a través de rúas comerciais a Rialto, o centro comercial e financeiro. Á dereita da torre do reloxo esta a igrexa de San Basso, deseñada por Baldassarre Longhena (1675), ás veces aberta para exposicións.[5]

Á esquerda da torre do reloxo atópase unha longa arcada no lado norte da praza, os edificios deste lado son coñecidos como as Vellas Procuradorías, as vellas fiscalías, antigamente a sede dos procuradores de San Marcos, altos funcionarios do estado nos tempos da república de Venecia. Foron construídas no século XVI. A galería está chea de tendas e restaurantes ao nivel do chan, con oficinas encima. Os restaurantes inclúen o famoso Café Quadri, que era frecuentado polos austríacos cando Venecia foi gobernada por Austria no século XIX, mentres que os venecianos preferían o Florian no outro lado da praza.

Virando ao final a esquerda, a arcada continúa ao longo do extremo oeste da praza, foi reconstruída por Napoleón ao redor de 1810 e coñécese como a "Ala Napoleónica" (Á Napoleónica). Detrás das tendas, haí unha escaleira cerimonial que debía levar a un palacio real, pero que agora forma da entrada do Museo Correr.

A cara oeste do Campanile visto desde a praza (durante o Carnaval en Feb.1998)

Virando á esquerda de novo, a arcada continúa polo lado sur da praza. Os edificios deste lado son coñecidos como as Novas Procuradorías (novas fiscalías), que foron deseñados e constuídas en parte por Jacopo Sansovino na metade do século XVI entre (1582-1586), logo da súa morte continuouna Vincenzo Scamozzi aparentemente con cambios solicitados polos procuradores e finalmente completada por Baldassarre Longhena sobre 1640.[6] Unha vez máis, a planta térrea conta con tendas e tamén o Café Florian, o famoso café abriuno en 1720 Floriano Francesconi, e era frecuentado polos venecianos cando os odiados austríacos paraban no Quadri. Os pisos superiores foron destinados por Napoleón para ser o palacio do seu fillastro Eugène de Beauharnais, o seu vicerrei en Venecia, e agora alberga o Museo Correr. No outro extremo as Procuradorías encóntrase co extremo norte da Libraría de Sansovino (mediados do século XVI), cuxa fronte principal da á Piazzetta. A galería continúa a volta da esquina na Piazzetta.

Fronte da libraría, illado na praza, está o Campanile da igrexa de San Marcos (1156-1173 última reforma en 1514), reconstruído en 1912 com'era, dov'era (como era, onde estaba) após do colapso do campanario o 14 de xullo de 1902. Xunto ao Campanile, que olla para a igrexa, está o elegante e pequeno edificio coñecido como a Loggetta del Sansovino, construído por Sansovino en 1537-1546, e utilizado como vestíbulo polos patricios que esperaban antes de entrar ás reunións do Gran Consello no Palacio Ducal e polos gardas cando o Gran Consello estaba reunido.

Nun lado da praza fronte da igrexa atópanse tres grandes mastros de bandeiras con bases de bronce decorados en altorrelevo por Alessandro Leopardi en 1505. A bandeira veneciana de San Marcos ondeaba neles no tempo da República de Venecia e agora compárteos coa bandeira italiana.

Descrición da Piazzetta[editar | editar a fonte]

A Piazzetta de San Marcos, vista desde a basílica de San Marcos

A Piazzetta di San Marco non forma parte (en rigor) da praza, é un espazo aberto adxacente que conecta o lado sur da praza coa vía acuática da lagoa. A Piazzetta atópase entre o Palacio Ducal no leste e a Biblioteca (Libraría) Jacopo Sansovino, que alberga a Biblioteca Marciana no oeste.[7]

A partir do percorrido na esquina preto do Campanile, onde queda a praza, este lado (oeste) está ocupado totalmente pola Biblioteca (Libraría) deseñada por Jacopo Sansovino para albergar a Biblioteca Marciana (Biblioteca de San Marcos). Comezouse a construír en 1537 e ampliouse, trala morte de Sansovino, por Vincenzo Scamozzi en 1588-1591. O edificio, en palabras de Palladio, era "a estrutura máis magnífica e ornamentada construída desde a antigüidade".[8] A galería continúa ata o final do edificio con cafés e tendas e tamén as entradas do Museo Arqueolóxico, a Biblioteca Marciana e a Biblioteca Nacional, que ocupan os pisos superiores.

A Biblioteca deseñada por Sansovino e as dúas columnas da Piazzetta, vista desde a lagoa

No final deste edificio está o Molo (o peirao fronte da lagoa) e o edificio contiguo á dereita é a Zecca (casa da moeda) tamén de Sansovino (terminado en 1547), e que agora forma parte da Biblioteca Marciana. Virando para a esquerda, ao final da Biblioteca, cruzando o extremo aberto da Piazzetta, destacan dúas grandes columnas de granito que levan símbolos dos dous patróns de Venecia. O primeiro é San Teodoro, o patrón da cidade antes de San Marcos, que sostén unha lanza encima dun crocodilo para representar o dragón que se dicía que matara. Este componse de partes de estatuas antigas e é unha copia (o orixinal consérvase no Palacio Ducal). A segunda columna (este) ten unha criatura que representa un león con ás - o León de Venecia - que é o símbolo de San Marcos. Isto ten unha longa historia, probablemente empezou como ás do león-grifón nun monumento ao deus Sandon en Tarso en Cilicia (sur de Turquía) o 300 aC.[9] Crese que as columnas se erixiron arredor de 1268,[10], cando a auga estaba máis cerca, e estarían á beira da lagoa, encadrando a entrada para a cidade desde o mar. As apostas estaban permitidas no espazo entre as columnas e dise que este dereito foi concedido como unha recompensa ao home que levantou por primeira vez as columnas.[11] As execucións públicas tamén levábanse a cabo entre as columnas.

No lado oposto da Piazzetta atópase a parede lateral do Palacio Ducal con arcadas góticas ao nivel do chan e unha galería no piso de arriba. Ata a sétima columna da parte dianteira é o edificio construído en 1340, mentres que a extensión cara á basílica se engadiu en 1424. Os capiteis das columnas da parte ampliada na súa maioría son copias dos que están na parte frontal do palacio. A sétima columna está marcada por un tondo (escultura circular) de Venecia como a Xustiza por encima da galería do primeiro piso. Á esquerda disto, hai dúas columnas vermellas en fronte da primeira galería baixa, en contraste coas outras columnas que son de pedra branca de Istria. As columnas vermellas están feitas de mármore vermello de Verona. É posible que encadrasen a cadeira do Dux nas ocasións cerimoniais, pero parece que os malfeitores importantes atopados culpables de delitos contra o Estado ás veces eran executados alí.[12][13]

Na esquina traseira do Palacio Ducal hai unha escultura do Xuízo de Salomón co arcanxo Gabriel encima. Non se coñece os escultores. Situado detrás desta esquina queda a Porta della Carta, a entrada cerimonial do palacio, construída en estilo gótico entre 1438-1443, probablemente por Giovanni e Bartolomeo Bon. Unha vez máis, na parte superior hai unha figura de Venecia como a Xustiza. O tema do xuízo xusto e a xustiza destacan neste lado do palacio. Debaixo deste, o dux Francisco Foscari e o león, diante o que está de xeonllos, foron substituídos en 1885 - os orixinais foran destruídos por ordes francesas en 1797. As estatuas a ambos os dous lados da porta de entrada representan as virtudes cardinais da temperanza, a fortaleza, a prudencia e a caridade.

Xunto a isto, nunha esquina exterior da basílica de San Marcos, atópanse catro figuras antigas talladas en pórfiro, granito vermello moi duro. Polo xeral, son coñecidos como os Tetrarcas, e dise que representan os catro gobernantes do Imperio Romano designados por Diocleciano - antigamente críase que eran exipcios.[14] Na actualidade considérase probable (ou, polo menos moi posible) que representen aos fillos do emperador Constantino.

Para alén disto, en fronte da parede sur da basílica hai dúas columnas rectangulares coñecidas como as columnas de Acre. Pensouse que eran un botín tomado polos venecianos en Acre logo da súa gran vitoria sobre os xenoveses en 1258. Porén, as columnas na realidade procedían da igrexa de San Poliecto en Constantinopla (524-7), e foron probablemente tomadas polos venecianos logo da cuarta cruzada en 1204. Descubríronse as ruínas desta igrexa en 1960 e foi escavada na década de 1990, cando se atoparon os capiteis que correspondían coas columnas.[15]

Máis aló destas columnas, en fronte da esquina da basílica, hai unha gran pedra circular de pórfiro vermello, coñecida como a Pietra del Bando (pedra dos bandos), que se utilizaba para ler os bandos oficiais. Suxeriuse que podía formar parte dunha columna na que estaban os chamados Tetrarcas.[16]

Alén da auga (o Bacino di San Marco) ao final da Piazzetta pódese ver a illa de San Giorgio Maggiore e a fachada branca e brillante da igrexa de Palladio.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia da praza de San Marcos pode ser dividida en catro períodos, pero os únicos edificios pre-renacentistas e monumentos que aínda quedan en pé en San Marcos, son o Palacio Ducal e as dúas grandes columnas na Piazzetta.

Principios (800-1100)[editar | editar a fonte]

O primeiro santo patrón de Venecia foi San Teodoro, un santo guerreiro grego, e a primeira capela do Dux foi dedicado a el. Probablemente foi construída ao redor do 819 e atopábase preto do sitio da actual igrexa de San Marcos. En 828/9 as reliquias de San Marcos foron traídas desde á cidade de Alexandría e os venecianos e o Dux adoptaron ao apóstolo como o seu novo patrón. As reliquias dun apóstolo aumentaría a importancia da cidade e a súa adquisición foi un paso máis no proceso gradual da liberación de Venecia da dominación de Bizancio. As reliquias foron colocados temporalmente no palacio (ou castelo) do Dux, Xustiniano Partecipacius, que propuxo construír unha nova igrexa. Esta primeira igrexa de San Marcos iniciouse no lado sur da capela existente, no 836 a construción estaba o suficientemente avanzada para trasladar as reliquias alí.[17] O deseño da igrexa baseouse na Igrexa dos Doce Apóstolos en Constantinopla e parece cubrir a mesma zona que a parte central da igrexa actual.[18] O campanario construíuse por primeira vez no mandato do dux Pietro Tribuno (888-91).[19]

Nese momento era probablemente un espazo baleiro cuberto de herba diante da nova igrexa, e non se estendía a máis duns 60 metros cara ao oeste, onde había un canal (Río Baratario) limitando a área que hoxe ocupa o Praza. No outro lado deste canal había unha pequena igrexa dedicada a San Xeminiano. O palacio do Dux, na mesma zona que o seu moderno sucesor, estaba nese momento rodeado de auga. A lagoa estaba ao sur, o Rio di Palazzo (a canle por baixo da Ponte dos Suspiros) cara ao leste, e outro fluxo cara ao norte entre o palacio e a igrexa. Houbo unha entrada da lagoa que ocupaba gran parte do espazo agora cuberta pola Piazzetta e parece ser utilizada como un peirao para a cidade.[20]

En 976 produciuse unha rebelión contra o Dux e a igrexa foi incendiada. As pezas de madeira, incluíndo o teito e a cúpula de madeira, probablemente perdéronse, pero a igrexa non quedou totalmente destruído e foi reconstruída como antes.[21] En 1063 comezou unha reconstrución completa. A nova igrexa foi terminada no mandato do Dux Vitale Falier (1084-1096), e na súa estrutura principal é a igrexa actual, aínda que a fronte oeste fronte á praza estaba entón en estilo románico con ladrillo sen decoración (como o exterior do ábsida de hoxe). Tiña cinco cúpulas, pero o seu perfil exterior era baixo, a diferenza das actuais estruturas altas, en forma de cebola.[22]

A Piazza medieval (1100-1490)[editar | editar a fonte]

Producíronse grandes cambios na zona cando Sebastiano Ziani foi Dux (1172-1178). Venecia foi crecendo en importancia e o Dux era un home moi rico. Iniciou os cambios que crearon a praza tal como coñecémola. O Río Baratario reencheuse e a igrexa de San Xeminiano no lado afastado foi demolida e reconstruída moito máis atrás no extremo occidental do que se converteu na Piazza. Unha horta que ocupaba parte da área foi adquirida ao convento de San Zaccharia e o Dux comprou unha serie de edificios que obstruían o sitio. No seu testamento deixou estes edificios ao estado que foron demolidos para despexar a área. A reconstrución do palacio ducal do século IX tamén se iniciou noa súa época como Dux.[23] A data precisa dos distintos novos edificios non se coñece e moitos tiveron que ser feitos no mandato do seu fillo, Pietro Ziani, que foi dux do 1205 ao 1229.[24]

Gentile Bellini: Procesión na praza de San Marcos. Isto demostra a praza en 1496

A zona da praza defínese agora pola construción de edificios nos lados norte e sur. No lado norte estaban as Procuradorías, residencias e oficinas dos procuradores de San Marcos. As Procuradorías orixinais foron unha serie de edificios de dous pisos, cunha arcada continua de arcos bizantinos rebuscados (ou sexa, altas e estreitas) abaixo e encima unha soa planta, con dúas fiestras por encima de cada arco. Os cuartos da planta térrea deixáronse destinadas a tendas para alugueiro. Estes edificios permaneceron no lugar durante uns 300 anos e podemos ver exactamente o seu aspecto en 1496 na pintura de Gentile Bellini dunha procesión na praza.[25] Esta pintura tamén mostra os edificios no lado oposto (sur) da praza, dos cales o máis importante foi o Ospizio Orseolo, unha pousada ou albergue para peregrinos que se dirixían para Terra Santa.[26] Pódese observar que a praza era entón moito máis estreita do que é hoxe en día, debido a que estes edificios co lindaban directamente contra a parede oeste do campanario.

En 1204 Constantinopla foi capturada no transcurso da cuarta Cruzada e, a partir dese momento, durante o século XIII, os materiais máis valiosos foron tomados da cidade e enviados para enfeitar Venecia. Isto inclúe os mármores e as columnas da fachada de San Marcos, as dúas columnas cadradas da Piazzetta coñecidas (erroneamente) como as Columnas de Acre e probablemente tamén a Pietra do Bando (preto da esquina suroeste de San Marcos) e as catro figuras de pórfiro coñecidas como os Tetrarcas, que finalmente se instalaron preto da entrada do Palacio Ducal da Piazzetta.[27]

Os dúas grandes columnas de granito na Piazzetta dise que foron erixidas ao redor de 1170, pero agora crese máis probable que isto se fixo no mandato do Dux Ranieri Zeno (1253-1268) sobre 1268; as bases e capiteis son do século XIII. A súa orixe é descoñecida, pero Chios suxírese como posible.[28] O león menciónase por primeira vez nun decreto do Gran Consello en 1293, e polo texto deixa claro que xa estaba na columna nesa data. Unha estatua de San Teodoro (pero non a estatua actual) estaba no seu lugar por 1329[29].

Foi tamén neste tempo, no final do século XIII, cando se constituíu a nova fachada oeste de San Marcos enfeitada con mármore, mosaicos e trofeos de Constantinopla, incluíndo os catro cabalos.[30]

O palacio orixinal do Dux do século IX axiña quedou pequeno para o número de patricios que sentaban no Gran Consello despois de que o dereito de facelo se tornou hereditario en 1297, e a reconstrución comezou en 1340. O traballo paralizouse durante a Peste Negra en 1348, e a primeira etapa completouse en 1365. Está composta pola parte frontal do palacio fronte á lagoa, pero na Piazzetta o novo edificio só se estendeu ata a sétima columna tras da esquina dianteira, agora marcado por un relevo circular de Venecia como a Xustiza no exterior da primeira arcada do chan. Máis atrás, parte do antigo palacio, coñecido como o Palacio de Xustiza, mantívose tal como estaba hai 200 anos.[31]

Debido ao gran gasto que supoñía, non se fixo nada máis durante moitos anos, pero en 1422 o Dux Mocenigo Tomaso insistiu en que, en honra da cidade, a parte restante do antigo palacio debía ser demolida para estender a parte nova. Resolveuse que a fachada existente debía continuar co mesmo estilo, e o traballo iniciouse en 1424 baixo o novo Dux Francesco Foscari[32] A fachada ampliada chegara á esquina de 1438 e o punto en que a parte do século XV se xunta coa parte do século XIV só se recoñece polo relevo circular da Xustiza por riba da sétima columna da esquina frontal e o feito de que esa columna é máis grande que as demais, logo de atrasar a esquina do edificio durante 80 anos. Os capiteis desta fachada son, no seu maior parte, copias dos capiteis existentes na fachada frontal. A última columna, na esquina noroeste do edificio, é unha columna moi grande e, continuando co tema de Xustiza, ten un gran relevo tallado do Xuízo de Salomón, co arcanxo Gabriel por encima dela. O escultor non se coñece, aínda que se fixeron varias suposicións incluíndo a Bartolomeo Buon de Venecia e Jacopo della Quercia de Siena, varios historiadores da arte pensan que a escultura do Xuízo de Salomón (que debeu ser feito no período 1424/38) ten influencia da Toscana. Eduardo Arslan, logo de revisar todas as teorías en 1971, chegou á conclusión de que esta escultura "segue sendo para nós un gran misterio".[33]

En 1438 fíxose un contrato con Giovanni e Bartolomeo Buon para a construción dunha gran porta de entrada cerimonial ao palacio. Esta foi a Porta della Carta e conéctase a á de nova construción do palacio coa parede sur de San Marcos. Giovanni achegábase ao final da súa vida e a porta de entrada é a principal obra de Bartolomeo. Terminouse por 1442 e incluía unha escultura do dux Francesco Foscari de xeonllos ante o león de San Marcos. As estatuas das virtudes cardinais de ambos lados foron doutro autor. Orixinalmente toda a porta da entrada estaba pintada e dourada.[34] Isto é só visible no fondo dereito da pintura de Gentile Bellini de 1496, que mostra a Piazza no seu estado neste momento, aínda estreito e cos vellos edificios do século XIII a cada lado.

Desde o Renacemento ata a caída da República (1490-1797)[editar | editar a fonte]

En 1493 un reloxo astronómico foi encargado por Venecia e decidiuse instalalo na praza nunha nova torre do reloxo cunha alta arcada debaixo dela que conduce á rúa coñecida como a Merceria, o que conduce á Rialto. O edificio, que probablemente foi deseñado por Codussi, iniciouse en 1496, unha parte das Procuradorías orixinais foron demolidas para tal fin.[35] O edificio completouse co reloxo instalado en febreiro de 1499, pódese observar, flanqueado polo edificio orixinal das Procuradorías, no gravado de Barbari de Venecia en 1500. A Procuradoría entón só tiña dous pisos de altura e a torre máis alta quedaba moito máis por riba delas do que actualmente.

A Piazza e a Piazzetta en 1500 coa torre do reloxo recentemente terminada, pero coas Procuradorías orixinais do século XIII (segundo o gravado de Venecia de Barbari)

Foron engadidos edificios a ambos os dous lados para apoiar a torre en 1506 e en 1512, cando houbo un incendio no antiga Procuradoría, fixo evidente que a zona enteira tiña que ser reconstruída.

A pesar do feito de que Venecia estaba entón en guerra con gran parte de Europa (Guerra da Liga de Cambrai) a totalidade da parte sur da praza foi reconstruída, a partir de 1517. Os novos edificios, coñecidos hoxe en día como as Procuradorías vellas, tiñan tres pisos de altura en lugar de dous. Do mesmo xeito que as anteriores Procuradorías tiñan unha galería na planta baixa con dúas fiestras por encima de cada arco, pero sen os altos arcos bizantinos e con detalles clásicos.

En 1527 chegou a Venecia Jacopo Sansovino, fuxindo da saqueo de Roma, e por 1529 fora nomeado Proto (arquitecto consultor e xerente dos edificios) dos procuradoría de San Marcos.[36] Os procuradores desexaba reconstruír os vellos edificios no lado sur da praza, pero Sansovino convenceunos da oportunidade de ampliar a praza e que estes edificios deberían ser demolidos e a liña de edificación moverse para atrás do campanario. Tamén os convenceu de que as antigas pousadas e tendas no lado oeste da Piazzetta, fronte ao Palacio Ducal, debían ser substituídas por un novo edificio digno dese sitio. Decidiuse que a biblioteca de libros e manuscritos, que foran legados á cidade polo cardeal Bessarion, pero aínda non atopara un fogar permanente, debían ser aloxados alí e Sansovino pensou orixinalmente que a fachada deste edificio (a Libraría) co tempo debía continuar ao longo do lado sur da praza e a volta da esquina sur-oeste ata a igrexa de San Xeminiano no centro da parte oeste.[37] Estes cambios tamén fixeron necesario reconstruír a Loggetta e, ao mesmo tempo, o goberno de Venecia encargou a Sansovino reconstruír a casa da moeda (a Zecca) no lado oeste da Libraría. Todos estes traballos se realizaron durante moitos anos a partir de 1537. A nova Loggetta foi acabada en 1545 e a Zecca en 1547 (aínda que foi engadido un terceiro piso en 1566), pero os traballos na Librería demoráronse pola dificultade de atopar un novo local para as empresas que foron desprazadas, así como pola escaseza de fondos e só dezaseis vans (dun total de vinte e un) termináronse antes da morte de Sansovino en 1570. Por volta desa data aínda non fora posible comezar a reconstrución do lado sur da praza máis aló da Librería.[38]

O extremo oeste da praza coa igrexa de San Xeminiano, como foi de 1640 ata 1807 (impresión de Quadri-Moretti 1831)

Sansovino tamén completou a reconstrución da antiga igrexa de San Xeminiano no extremo oeste da praza, fronte a San Marcos. Gran parte do traballo fíxose antes de que se fixese cargo en 1557, pero foi o responsable da fachada en pedra branca de Istria.[39] Tamén continuou a fachada da Procuradoría vella no lado norte da praza ao redor da esquina pola que esta igrexa.

Logo da morte de Sansovino finalmente se atoparon os fondos para iniciar a reconstrución da parte sur da praza coa nova posición do campanario. A súa idea dun edificio de dous pisos, continuando a fachada da Librería, tivo que ser abandonada porque os procuradores pediron tres plantas. Con todo Vincenzo Scamozzi baseouse no deseño da fachada da Librería e completou dez vans entre 1582 e 1586, a Procuradoría Nova, como se lle chama, se non terminou ata 1640, cando os vans restantes do lado sur se remataron, e continuaron dobrando a esquina da igrexa de San Xeminiano por Baldassarre Longhena.[40]

Napoleón e máis tarde (1797 en diante)[editar | editar a fonte]

Venecia entregouse a Napoleón o 12 de maio de 1797. O 4 de xuño, unha "árbore da liberdade" fora colocada na praza.[40] Pouco despois foron enviados albaneis por orde da municipalidade para destruír as imaxes do león con ás, que era visto como un símbolo da independencia e do goberno aristocrático veneciano. Na Porta della Carta na Piazzetta retirouse a cabeza do Dux Francesco Foscari, así como a do león ante do que estaba axeonllado. (Posteriormente no século foron substituídos por copias).[41] O francés ordenou desmontar os catro cabalos de San Marcos e envialos para París xunto co León de bronce da columna da Piazzetta. Retiráronse en decembro de 1797.[42]

En xaneiro de 1798 en virtude do Tratado de Campoformio os austríacos pasaron a gobernar Venecia en lugar dos franceses. Este primeiro dominio austríaco durou de 1798 ata o 19 de xaneiro de 1806, cando os franceses volveron despois das vitorias de Napoleón en Austerlitz e Jena e a súa toma do reino de Italia en 1804.[43] Napoleón nomeou o seu fillastro Eugène de Beauharnais como o seu vicerrei e en 1807 ordenou que as Procuradorías Novas se convertesen no palacio real para a súa ocupación.[44] O mesmo Napoleón realizou unha visita cerimonial a Venecia máis tarde, en 1807, desembarcando na Piazzetta de camiño para o novo palacio.[45]

O extremo oeste da praza que mostra a á Napoleónica

Decidiuse que o novo palacio debería estenderse a través de todo o extremo oeste da Piazza e isto fixo que fose necesario demoler a igrexa de San Xeminiano, reconstruída por Sansovino, e tamén os edificios a ambos os dous lados, a extensión da Procuradorías Vellas de Sansovino ao norte e parte da Procuradorías novas ao sur[46] O arquitecto orixinal foi Gianni Antolini de Milán, pero o novo edificio causou moita controversia e en 1810 foi substituído por Giovanni Soli de Módena. O actual edificio, coñecido como a Napoleónica, foi construído entre 1810 e 1813. A fachada dos dous pisos inferiores é na forma da Procuradorías Novas, pero o piso superior, que contén a entrada cerimonial e o salón de baile, non ten fiestras ou arcos e está decorado con estatuas e esculturas en baixorrelevo. No centro había orixinalmente unha estatua de Napoleón como Xúpiter coas armas imperiais encima, pero isto foi abandonado logo da caída de Napoleón en 1814 e na actualidade non hai ningún punto central no lado oeste da praza.[47]

Após a abdicación de Napoleón, os austríacos volveron ocupar Venecia (baixo o Tratado de Fontainebleau) en abril de 1814. O chanceler austríaco, o príncipe Metternich, tivo un papel decisivo na organización da devolución a Venecia dos catro cabalos de San Marcos e o león da Piazzetta. Os cabalos foron reinstalados diante da basílica o 13 de decembro de 1815, pero o león de bronce resultou danado e tivo que ser reparado. Colocouse novamente na súa columna en abril de 1816.[48]

Inundacións[editar | editar a fonte]

Alagamento de 2005.

A Praza de San Marcos é o lugar máis baixo de Venecia e cando a auga sobe por tormentas desde o mar Adriático ou por exceso de choiva é o primeiro a asolagarse. A auga escorrega polas drenaxes directamente para a Gran Canle, o que é ideal cando chove, pero ao encher a marea (en italiano, acqua alta) ten o efecto inverso, a auga da canle sobe polas drenaxes ata a praza.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Margaret Plant has looked into the history of this "felicitous and much-used metaphor" but has to say that evidence for Napoleon's authorship is elusive. The earliest reference which she can quote is from a French guide book of 1844 which said (without citing any authority) that Napoleon said that the Piazza is a salon designed for the sky to serve as a canopy. See Plant pp.65-6
  2. Descrición xeral detallada da praza en Macadam pp.63ff
  3. Frederic C., Lane (1997). Johns Hopkins U.P., ed. Venice, A Maritime City. p. 192. 
  4. Plant, Margaret. Venice, Fragile City. Yale U.P. 2004. p. 36. 
  5. Macadam p.80
  6. Macadam p.80. See also Deborah Howard: Jacopo Sansovino (1975) pp.15-16
  7. For general description of the Piazzetta see Macadam pp.85-8 and 99-100
  8. Boucher p.24, citing Palladio's I Quattro Libri dell'Architettura (1570),
  9. See The Bronze Lion of St Mark by Bianca Maria Scarfi in The Lion of Venice pp.31-124
  10. San Marco, Byzantium and the Myths of Venice p.79 and note 10 on p.10
  11. Sansovino p.316
  12. San Marco, Byzantium & the Myths of Venice. pp. 43–44. 
  13. Zanotto, Francesco (1853–1861). Il Palazzo Ducale di Venezia (en Italian). Venice. pp. 61–62. 
  14. Macadam p.67
  15. San Marco, Byzantium and the Myths of Venice pp.52-4, 64, 71-3 and 134-5
  16. San Marco, Byzantium and the Myths of Venice p.64
  17. Demus pp.4-6
  18. Howard (2002) p.19 and p.24
  19. Lorenzetti p.144
  20. Perocco & Salvadori Vol.1 p.138 with a sketch plan showing the probable layout.
  21. Howard (2002) p.19
  22. Howard (2002) pp.19-21 and 24
  23. Macadam pp.86–7
  24. Goy p.64. Howard (2002) p.30
  25. Howard (2002) p.30. Goy 2006 p.233
  26. Goy p.63
  27. Howard (2002) p.25. San Marco, Byzantium & the Myths of Venice: see the pages cited above.
  28. San Marco, Byzantium & the Myths of Venice p.79 & note 10 on p.10
  29. The Lion of Venice p.33. Demus p.22
  30. Lorenzetti pp.164-5
  31. Howard (2002) pp.91-3
  32. Howard (2002) p.93. Lorenzetti p.235. See also Ruskin: Stones of Venice Volume 2 (The Sea Stories) Ch.8 para.xx (pp.297-309 in the 1874 edition)
  33. Arslan pp.246-252
  34. Howard (2002) p.123
  35. Howard (2002) pp.146-8 & see article on the Clocktower
  36. Howard (1975) pp.1-2
  37. Howard (1975) pp.14-15
  38. Howard (1975) pp.8-38 on the Piazza, Libreria and the Loggetta and pp.38-47 on the Zecca
  39. Howard (1995) p.81-84
  40. 40,0 40,1 Howard (1975) p.173 and Macadam p.80. See also M. Tafuri: Venice and the Renaissance (English edition 1989) pp.166-9
  41. Plant p.27
  42. Plant pp.36-7
  43. Plant pp.43 & 47
  44. Plant p.47
  45. Plant p.56
  46. Plant p.66
  47. Plant pp.65-71
  48. Plant pp.81-2

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]