Bartolomé de Nosendo
Aparencia
(Redirección desde «Bartolomeu de Nosendo»)
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | canteiro |
Bartolomé de Nosendo tamén coñecido coma Bartolomeu de Nosendo, foi un mestre de cantería de orixe portuguesa do século XVI.
Sábese que traballou na construción do mosteiro de Xunqueira de Ambía, na igrexa de Santo Estevo de Sandiás[1] (cara ao 1520), e posteriormente no mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras[2] (Xinzo de Limia). A súa orixe portuguesa compróbase nas portadas de influencia manuelina do Santo Estevo de Sandiás e do mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha da igrexa na páxina web do Camiño de Santiago
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013.