Bartolomea Capitanio
Bartolomea Capitanio | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 13 de febreiro de 1807 |
Lugar de nacemento | Lovere |
Falecemento | 26 de xullo de 1833 |
Lugar de falecemento | Lovere |
Nacionalidade | Reino de Italia e Reino Lombardo-Vêneto |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | monxa e mestra |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Bartolomea Capitanio, nada en Lovere o 13 de febreiro de 1807 e finada na mesma vila o 26 de xullo de 1833, foi unha relixiosa italiana, santa da Igrexa católica dende 1950 que celebra a súa festa o 26 de xullo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no seo dunha familia humilde, estudou coas clarisas da súa vila e en 1822 obtivo o título de profesora e comezou a dar clase na escola local, pero dous anos despois abre unha escola na súa casa para os nenos pobres e traballou tamén no hospital local. O 21 de novembro de 1832 fundou con Vicenza Gerosa a Congregación de María Meniña, actualmente denominada Irmáns da Caridade das santas Bartolomea Capitanio e Vincenza Gerosa, pouco despois morría de tuberculose.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bartolomea Capitanio |