Barroco siciliano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa da Collegiata ou Santa Maria dell'Elemosina en Catania, obra salientable do barroco sicilián, foi realizada por Stefano Ittar cara o 1768.

O barroco siciliano é a forma distintiva da arquitectura barroca que se desenvolveu na illa de Sicilia, no sur de Italia durante os séculos XVII e XVIII. O estilo recoñécese non só polas súas típicos revoltas e florituras barrocas, senón tamén polas súas carautas sorrintes e putti coa particular extravagancia que lle deu a Sicilia unha identidade arquitectónica única e a fase máis interesante da arte siciliana.[1]

O estilo barroco siciliano colleu pulo durante a gran reconstrución que seguiu ó terremoto de 1693. Previamente, o barroco fora usado na illa dun xeito inxenuo e no eido local, que evolucionara a partir da arquitectura híbrida nativa máis que dos grandes arquitectos barrocos de Roma. Despois do terremoto, os arquitectos locais, moitos deles formados en Roma, tiveron múltiples oportunidades de recrear a arquitectura barroca máis sofisticada, que acadara a popularidade na Italia continental. O traballo destes arquitectos locais - e o novo xénero que comezaron - inspirou a outros deseñadores locais que seguiron o seu exemplo. No 1730, os arquitectos sicilianos desenvolveran confianza no emprego do estilo barroco. A súa particular interpretación levounos paseniño a xerar unha forma de arte altamente localista e personalizada. De 1780 en diante, o estilo foi gradualmente substituído pola nova moda do neoclasicismo.

O fenómeno chamado Alto Barroco Siciliano durou cincuenta anos, e reflectiu perfectamente a orde social da illa nunha época na que -dominada oficialmente por España - foi gobernada de feito por unha aristocracia hedonista e extravagante. A arquitectura barroca deulle á illa un carácter arquitectónico que ficou até o século XXI.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Volum 18 (2004). La Gran Enciclopèdia en català. Barcelona: Edicions 62. pp. p.14290. ISBN 84-297-5446-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hamel, Pasquale (1994). Breve storia della societa siciliana (1790-1980). Palerm, Ed.Sellerio di Giorgianni. 
  • Blunt, Anthony (1968). Sicilian Baroque. Ed.Weidenfeld & Nicolson. 
  • Boscarino, Salvatore (1986). Sicilia Barocca. Architettura e città 1610-1760. Roma, Officina Edizioni. 
  • Di Blasi, M.T. (1993). Pietro Paolo Vasta. Affreschi nelle Chiese di Acireale. Catania, Maimone Editore. 
  • Drago, Francesco Palazzolo (1927). Famiglie nobili siciliane. Palerm, Ed. Arnaldo Forni.