Barbitúrico
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Os barbitúricos son drogas que actúan como sedantes do sistema nervioso central e producen un amplo esquema de efectos, dende sedación suave ata anestesia. Algúns pódense usar como anticonvulsionantes.
Pertencen a dúas familias: os derivados do ácido barbitúrico, como o seconal, e as benzodiazepinas, entre as que se atopa o valium. Os barbitúricos poden presentarse baixo a forma de pastillas, pílulas, supositorios ou en forma líquida (ampolas).
Historia
[editar | editar a fonte]Descuberto en 1863, o ácido barbitúrico é utilizado na medicina desde 1903 polas súas propiedades sedativas no tratamento da epilepsia e dos trastornos do sono.
Efectos
[editar | editar a fonte]En doses baixas producen efectos moi parecidos ós dos ansiolíticos. En doses elevadas, os síntomas son moi similares ós da intoxicación con alcol, ademais de potenciar a euforia e a excitación que produce esta substancia. Con doses maiores pódese provocar perda de consciencia, coma e, en último caso, morte por paro respiratorio.
Producen sensación de relaxación e de tranquilidade, problemas motores e atranco para falar. Poden causar depresión cerebral. Dependendo da dose, a formulación presenta un efecto sedante (tranquilizante), hipnótico (indutor do sono) e anticonvulsivo. Outros efectos inclúen síndrome de abstinencia, crise convulsiva trala interrupción e, en tratamento prolongado, apatía. Están contraindicados no primeiro trimestre de embarazo, xa que poden provocar malformacións.
Consumo
[editar | editar a fonte]Os barbitúricos poden adquirirse de maneira completamente lícita, con ou sen prescrición médica, segundo o país. En España ou Francia, os barbitúricos están clasificados como substancias psicotrópicas e son vendidas en farmacias baixo prescrición médica.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |