Barakat (filme de 2020)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Barakat
Ficha técnica
Título orixinalBarakat
DirectorAmy Jephta
ProdutorEphraim Gordon
Wikus du Toit
GuiónAmy Jephta
IntérpretesVinette Ebrahim
Joey Rasdien
Mortimer Williams
Quanita Adams
Keeno Lee Hectormade
MúsicaKyle Shepherd
FotografíaEbrahim Hajee
MontaxeSanjin Muftic
EstudioNagvlug
PaperJet Productions
DistribuidoraIndigenous Film Distribution
EstreaUrbanworld: setembro de 2020
Duración103 minutos
OrixeSudáfrica Suráfrica
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt11564468 Filmaffinity: 341207 Editar o valor em Wikidata

Barakat é un filme surafricano de 2020 dirixido por Amy Jephta e producido por Ephraim Gordon.[1] Está protagonizado por Vinette Ebrahim xunto con Joey Rasdien, Mortimer Williams, Quanita Adams e Keeno Lee Hectormade nos papeis secundarios.[2][3] É o primeiro filme musulmán en lingua afrikaans producido en Suráfrica.[4][5][6]

O filme recibiu moitos premios. En 2020, no Festival Internacional de Cinema Motion Pictures, o filme gañou o premio á mellor longametraxe, e no festial de 2020, gañou dous premios: mellor montaxe e mellor produción. Ese mesmo ano no Festival Internacional de Cine Idyllwild, Barakat gañou catro premios máis: Mary Austin Award Excellence á mellor dirección, mellor elenco, mellor filme internacional e mellor actor secundario, así como gañou o Premio Finalista á mellor banda sonora orixinal.[4] Foi escollido como candidato de Suráfrica para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios,[7] mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse[editar | editar a fonte]

O filme trata sobre problemas familiares nos que unha matriarca envellecida pretende reunir á súa familia fracturada e disfuncional por Eid-al-Fitr e máis tarde fala sobre o seu novo romance.[8]

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Vinette Ebrahim como Aisha Davids
  • Joey Rasdien como Zunaid
  • Mortimer Williams como Zaid
  • Quanita Adams como Ra-eesah
  • Keeno Lee Hector como Yaseen
  • Danny Ross como Nur
  • June van Merch como Fadielah

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Barakat". nataal.com (en inglés). Consultado o 5 de outubro de 2021. 
  2. "Barakat: First South African film in Cape Town's Afrikaans dialect". BBC News (en inglés). 2021-08-23. Consultado o 2021-10-05. 
  3. "BARAKAT (2020) at New African Film Festival". watch.eventive.org (en inglés). Consultado o 2021-10-05. 
  4. 4,0 4,1 Libby18. "Award-winning film Barakat has an out-of-the-ordinary premiere in Cape Town". Gauteng Film Commission (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2021. Consultado o 2021-10-05. 
  5. "South Africa’s first Muslim-Afrikaans film, Barakat, scheduled for theatrical release in May 2021". ladima.africa. Consultado o 2021-10-05. 
  6. Khan, By: Atiyyah; Culture (2021-05-15). "‘Barakat’ holds Cape Muslim culture up to the light". New Frame. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2022. Consultado o 2021-10-05. 
  7. Szalai, Georg (8 de novembro de 2021). "Oscars: South Africa Picks 'Barakat' for International Feature Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 8 de novembro de 2021. 
  8. Bond, Dave (2020-11-05). "Barakat - Film Africa 2020". Set The Tape (en inglés). Consultado o 2021-10-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]