Bank of Kigali

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Bank of Kigali (BK) (en galego Banco de Kigali) é un banco da República de Ruanda. O banco é autorizado polo National Bank of Rwanda (Banco Nacional de Ruanda), o regulador bancario do país.[1]

Visión global[editar | editar a fonte]

Bank of Kigali é o maior banco comercial de Ruanda por activos. O total dos seus activos foron valorados nuns 611.780 mil dólares americanos (RWF:422.36 billóns de francos ruandeses).

Naquela época, o patrimonio neto do banco era de preto de 102,5 millóns de dólares americanos (70.76 billóns de francos ruandeses).

En 2010, o banco foi clasificado entre os quince principais bancos comerciais en África Oriental, e un dos primeiros cen bancos en África.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Bank of Kigali iniciou as súas operacións no ano 1966, prestando servizos bancarios comerciais para particulares, pequenas empresas e grandes corporacións. Antes de 2007, o banco belga Banque Belgolaise tiña un 50% das accións, pero despois do 2007 o goberno de Ruanda cómpralle ese 50%. Posteriormente, o goberno vendeu a súa participación a outras entidades, incluíndo ao Fondo de Seguridade Social de Ruanda (SSFR) e o National Post Office of Rwanda (NPR). Estaban en curso plans para que o goberno vendese a maior parte da súa participación do banco poñendo un 25% das participacións na Bolsa de Valores de Ruanda (RSE), no ano 2011.[3]

O 21 Xuño 2011, a institución ruandesa Capital Market Advisory Council ( en galego, Consello Consultivo do Mercado de Capitais) coñecido polas iniciais CMAC, deu a súa aprobación ao Bank of Kigali de vender o 45% das súas accións ó RSE, así como que as súas accións estean na bolsa de valores. A negociación das accións do banco foron previstas para o día 30 de xuño de 2011.[4]

En abril de 2012, noticias de medios internacionais, indican que o Bank of Kigali estaba no medio dunha expansión para a veciña Quenia e Uganda.[5]

A propiedade[editar | editar a fonte]

En decembro de 2011, a propiedade de accións do banco quedou como é descrita na táboa seguinte:[6]

Propiedade do accionariado
Posición Nome do propietario Porcentaxe
1 Goberno de Ruanda 29.75
2 Fondo da Seguridade Social de Ruanda 27.17 %
3 Investidores retallistas 16.95 %
4 Investidores internacionais 10.69 %
5 Grupo de Investimento Blakeney Management 7.31 %
6 Investidores rexionais 4.50 %
7 Investidores locais 2.47 %
8 Empregados e directores 1.08 %
9 Outras entidades estatais 0.10 %

Rede de oficinas[editar | editar a fonte]

O Bank of Kigali dispoñía a xuño de 2012 corenta e sete oficinas, todas elas en tódalas provincias do país, chegando a ser o maior banco en Ruanda polo seu tamaño da rede de oficinas.[7]

As localizacións destas oficinas inclúen os seguintes lugares:[8]

  1. Oficina Central - 6112 Avenue de la Paix, Kigali
  2. Kacyiru Branch - Kacyiru, Kigali
  3. Downtown Branch - Downtown Kigali
  4. Western Union Branch - Kigali
  5. Kicukiro Branch - Kicukiro, Kigali
  6. Remera Branch - Remera, Kigali
  7. Kimironko Branch - Kimironko, Kigali
  8. Nyamirambo Branch - Nyamirambo, Kigali
  9. Nyabugogo Branch - Nyabugogo, Kigali
  10. Kabuga Branch - Kabuga, Kigali
  11. RDB Branch - Kigali
  12. Kigali Airport Branch - Kanombe, Kigali
  13. SFB Branch - Kigali
  14. Manor Hotel Branch - Manor Hotel, Kigali[9]
  15. Gatsata Branch - Gatsata, Kigali
  16. Gisenyi Branch - Gisenyi
  17. Gisenyi Downtown Branch - Downtown Gisenyi
  18. Ruhengeri Branch - Ruhengeri
  19. Ruhengeri Downtown Branch - Downtown Ruhengeri
  20. Gakenke Branch - Gakenke
  21. Gitarama Branch - Gitarama
  22. Butare Branch - Butare
  23. Cyangugu Branch - Cyangugu
  24. Rwamagana Branch - Rwamagana
  25. Kibungo Branch - Kibungo
  26. Kirehe Branch - Kirehe, Kibungo
  27. Kayonza Branch - Kayonza
  28. Kabarore Branch - Kabarore
  29. Nyagatare Branch - Nyagatare
  30. Rusumo Branch - Rusumo
  31. Gicumbi Branch - Gicumbi[10]
  32. Gatuna Branch - Gatuna
  33. Nyamata Branch - Nyamata
  34. Ngororero Branch - Ngororero[11]

Directores[editar | editar a fonte]

As actividades do Banco de Kigali son supervisados por uns de dez membros no Consello de Administración, os cales, excepto un, non son executivos. O actual presidente do consello é Marc Holtzman.[12]

Consello de administración[editar | editar a fonte]

As actividades do día a día do banco é administrada por un consello de administración de dez persoas, dirixido por un director, sendo actualmente Diane Karusisi, a directora executiva.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]